Ecoener eleva a 680 os megavatios en operación tras poñer en marcha dúas novas plantas solares en Colombia.

As novas plantas, situadas no concello de Magangué (departamento de Bolívar), contan con preto de 38.000 módulos fotovoltaicos e ocupan unha superficie de 42 hectáreas.

Planta fotovoltaica Tamarindo de Econener

Planta fotovoltaica Tamarindo de Econener. Ecoener

Ecoener, o grupo de renovables presidido por Luis de Valdivia, iniciou a operación comercial das plantas fotovoltaicas Tamarindo 1 e 2, en Colombia, que suman unha capacidade conxunta de 23,8 MWp. Con esta nova conexión a compañía eleva a 680 os MW en funcionamento, o que supón un aumento do 60% respecto ao 2024.

“Nos últimos seis meses Ecoener incorporou 253 MW, o maior alcance desde a súa fundación”, explican desde a compañía que sinalan a Colombia como “un mercado relevante” para o seu crecemento con 87,5 MW xa operativos, aos que se sumarán os 27,2 MWp da planta fotovoltaica de Puerto Wilches, actualmente en construción. Ademais disto conta cun pipeline en desenvolvemento de 104 MW.

A firma investirá uns 70 millóns entre este ano e o que vén para alcanzar preto dos 219 MW en operación en Colombia. “Seguimos dando pasos concretos para incrementar a nosa potencia instalada, volume de negocio e rendibilidade”, sinala Luis de Valdivia, presidente de Ecoener. Todos os activos de Ecoener no país están respaldados por contratos de compravenda a longo prazo (PPA) de 15 anos.

Financiamento das plantas

Por outro lado, Ecoener asinou varios créditos nos últimos meses con entidades financeiras colombianas, entre elas Findeter, banco de desenvolvemento do Goberno de Colombia, por valor de 46 millóns de euros para os proxectos de Tamarindo 1 e 2, Ardobela 1 e 2 e Puerto Wilches, reforzando así o seu plan de crecemento e a solidez financeira dos seus activos no país.

Segundo explican desde a compañía, durante a fase de construción dos proxectos de Tamarindos e Ardobelas, xeraron 720 postos de traballo dos cales o 85% correspondeu a persoas da rexión, reforzando o seu compromiso coas comunidades locais.

“Desde o punto de vista ambiental e de protección da biodiversidade, a compañía puxo en marcha un Plan de Compensación por Perda de Biodiversidade no municipio de Ocaña. O proxecto ten como obxectivo restaurar 300 hectáreas de Bosque Seco Tropical Premontano, un ecosistema de gran valor ecolóxico e ambiental”.

Respecto ao ámbito social, implementaron un plan centrado en mellorar a calidade de vida e o desenvolvemento local. Entre as iniciativas para reforzar as infraestruturas públicas que inclúe destaca a instalación de luminarias solares en barrios próximos aos proxectos, o que contribúe a mellorar a seguridade.

Ademais disto tamén apoia a escolas locais, beneficiando a 340 nenos, e promove o talento xuvenil mediante bolsas para a Escola de Belas Artes da Universidade Francisco de Paula Santander, como parte do seu compromiso coa educación. Ademais, realizou doazóns de paneis solares para favorecer o acceso a enerxía renovable en áreas rurais.

Producción das novas plantas

As novas plantas colombianas situadas no municipio de Magangué (departamento de Bolívar), contan con preto de 38.000 módulos fotovoltaicos e ocupan unha superficie de 42 hectáreas.

“A produción anual estimada de Tamarindo 1 e 2 é de 47 GWh, equivalente ao abastecemento de 12.000 fogares, o que permitirá evitar a emisión de unhas 7.000 toneladas de CO2 e o consumo de 4.000 toneladas de combustibles fósiles ao ano”.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp