Gadis crece en Castela e León: suma 47 supermercados tras a nova apertura en Valladolid
O novo establecemento, que dará emprego a 42 traballadores, conta cunha superficie de máis de 1.900 metros cadrados e unha oferta de máis de 10.000 produtos.

Nuevo supermercado Gadis en Valladolid. Gadis
Gadis expande-se en Castela e León. A compañía galega inaugurou en Valladolid o establecemento número 47 na comunidade, na que xera máis de 1.800 postos de traballo directos.
O novo supermercado, que abrirá as súas portas en Paseo de Zorrilla 58, dará emprego a 42 traballadores. Na provincia de Valladolid conta con un total de 23 Gadis, que se suman aos que prestan servizo en Ávila, León, Palencia, Salamanca, Segovia e Zamora.
Con máis de 1.900 m2 de superficie total de modernas instalacións, o novo Gadis conta cunha oferta de máis de 10.000 produtos para dar a maior capacidade de elección aos clientes. “Esta ampla proposta inclúe frescos de calidade, primeiras marcas a prezos competitivos, un surtido equilibrado da marca propia IFA, e opcións veganas, ecolóxicas, sen glute e produtos a granel”.
A compañía deseñou o establecemento seguindo criterios de accesibilidade para os clientes. Ademais, as seccións están configuradas de forma que permiten realizar unha compra cómoda e rápida. En materia de sostibilidade medioambiental, primeou a eficiencia enerxética con avanzados sistemas de climatización e iluminación.
Gadisa Retail tamén dispón en Castela e León dun centro lóxico en Medina del Campo e unha plataforma de redistribución de peixe e marisco fresco en Valladolid, o que permite unha distribución máis áxil aos puntos de venda e proporcionar mellor servizo aos clientes.