Inditex, un xigante case sen socios: volve aumentar o seu peso na filial de Zara con Tata en India
A multinacional de Marta Ortega amplía a súa participación na joint venture Inditex Trent Retail India ata o 80% tras acadar un 65% en 2024. Compañía que desembarcou no sector do retail, Trent é un dos poucos socios co que o grupo comparte o capital de algunha filial.
Una trabajadora de la emblemática tienda de Zara en la calle Juan Flórez de A Coruña, la primera abierta por el fundador de Inditex, Amancio Ortega. EFE/Cabalar
Máis alá da familia García Peralta, os socios de Inditex ao 50% en Tempe, a compañía zapateira que prove a todas as marcas da cadea, os de Amancio Ortega foron reducindo, co paso dos anos, a súa nómina de socios. A compañía téxtil traballa en distintos países mediante fórmula de franquía, pero o que agora xa non é tan habitual é que conserve alianzas mediante as que comparte posición no capital de determinadas filiais. Unha das poucas que mantén é a joint venture Inditex Trent Retail India, da man con Trent, do conglomerado empresarial Tata. A compañía anunciou a semana pasada, na súa última presentación de resultados trimestrais, que a súa posición na sociedade conxunta se reducira ao aprobar a súa xunta de socios unha oferta da compañía galega para facerse con 94.900 accións da sociedade.
A compañía non especificou nin a canto ascendía a operación nin como quedaba o reparto accionarial na compañía, aínda que segundo modaes.es Inditex retería agora un 80% da sociedade india. Segundo a súa última memoria anual, en setembro do ano 2024 xa elevou a súa posición un 14%, quedándose cun 65% das accións da compañía.
Alianza desde 2009
Inditex e Trent constituíron esta sociedade conxunta para operar en India en 2009. Naquel momento, Inditex controlaba o 51% e naceu fundamentalmente para o despregue da marca Zara. Posteriormente, a alianza continuou con Massimo Dutti, que tamén estableceu unha joint venture con Trent.
A finais do exercicio 2024-2025, os administradores de Inditex indicaban na súa memoria consolidada que o grupo era titular dunha acción de compra sobre o 35% na joint venture Inditex Trent Retail e dun 49% no capital social de Massimo Dutti India Private Limited. “Esta participación social pertence a Trent Limited India, entidade que a súa vez posúe unha opción de venda a Industria de Diseño Textil, S.A. da totalidade de dita participación. O prezo de exercicio fíxase en función da participación do socio nos fondos propios da sociedade participada no momento da adquisición”, expón.
Outras opcións de compra
Na actualidade, sempre segundo a súa última memoria anual tería tamén unha opción de compra sobre o 20% do capital social de Zara Retail Korea, en mans de Lotte Shopping. A sociedade pende do conglomerado Lotte, unha compañía coreana de tendas minoristas fundada a finais dos 70, que tamén conta con cadeas de supermercados.
O mesmo ocorre co 10% que non posúe de ITX Fashion Retail South Africa, en mans de Peter Vundla, un coñecido empresario africano con intereses en distintos sectores. É, de feito, é o cofundador de HerdBuoys, a primeira axencia de publicidade sudafricana fundada en 1991.
Negocio en India
O socio indio de Inditex tamén foi crecendo, por conta propia, no propio mundo do retail, con marcas como Westside e Zudio. Ademais, Inditex segue crecendo en India, pero sen socio. O pasado ano constituíu a sociedade Bershka Retail India Private Limited e Zara Home Retail India Private Limited.
A peche do exercicio 2024-2025, en febreiro deste ano, Inditex sumaba 26 tendas en Inditex, tres de Massimo Dutti e o resto de Zara. No verán, Bershka desembarcou no país cun establecemento en Bombay.