Lorenzana reclama ao Goberno desde Xapón a convocatoria das subastas de eólica mariña

A conselleira de Economía e Industria reuniuse coa empresa Orix Corporation, que presentou tres proxectos offshore fronte ás costas galegas, así como representantes de Fujitsu.

La conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, se reúne con representantes de Fujitsu en Japón

La conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, se reúne con representantes de Fujitsu en Japón. Foto: Xunta

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reclama ao Goberno central a convocatoria das subastas de eólica mariña e o reforzo da rede de transporte eléctrico para que a enerxía producida en Galicia poida chegar a fogares e empresas. A dirixente galega fixo esta petición desde Xapón, onde realiza unha xira para promover relacións empresariais e onde mantivo unha reunión con responsables do grupo Orix Corporation, que xa presentou ata tres proxectos offshore distintos ao Ministerio para a Transición Ecolóxica fronte ás costas galegas.

A conselleira acusa ao Goberno de levar ao sector a unha “parálise”, o que “é contraproducente á hora de captar novos proxectos de investimento como este, que poden xerar riqueza na comunidade”. Denuncia que está pendente de convocar con tres anos de atraso a primeira subasta de eólica mariña “na que Galicia quere e ten que estar”.

Interese de Orix Corporation, donos de Elawan

Orix Corporation presentou tres proxectos de parques eólicos mariños (495 megavatios cada un) fronte á costa de Lugo e A Coruña. A Xunta indica que xa presentou os respectivos proxectos ante o Ministerio de Transición Ecolóxica.

Acompañada polo embaixador de España en Xapón, Íñigo de Palacio, a conselleira reuniuse este xoves con responsables da División de Enerxía e Medio Ambiente da empresa xaponesa Orix Corporation, a quen lle trasladou o interese do Goberno galego por atraer a Galicia investimentos en proxectos de enerxía renovable como a eólica mariña.

Reunión de Lorenzana con executivos de Fujitsu

Orix Corporation é un grupo empresarial que opera en España a través da súa filial Elawan Energy, con sede en Madrid e presente en 15 países de Europa e América, especializada en todo o ciclo de vida das renovables, fundamentalmente eólica, fotovoltaica e hidroeléctrica.

“É coñecedora, por tanto, do recurso do que dispón Galicia e do noso potencial industrial para conseguir pechar a cadea de valor deste sector, que é ao que aspiramos”, afirma.

Reunión con Fujitsu

Ademais dos donos de Elawan, Lorenzana tamén mantivo un encontro con representantes de Fujitsu Limited, “compañía que colabora con Galicia no despregue da computación cuántica” e que está interesada “en todo o desenvolvemento de distintos tipos de tecnoloxías de seguridade en España”.

Indican desde a consellería que o grupo ten interese na Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e Aeroespacio aprobada polo Goberno galego para os próximos cinco anos e que prevé unha mobilización de 900 millóns de euros. “Esta estratexia pode ser unha oportunidade para Fujitsu para poder desenvolver novos proxectos tecnolóxicos en colaboración con outras empresas que agora mesmo están traballando para presentar as súas propostas”, expuxo.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta