Os produtores lácteos conxúranse ante máis contratos á baixa: piden cambios legais e que actúe a Fiscalía

Solicitan modificacións na Lei da Cadea Alimentaria, unha comisión de investigación no Parlamento galego e levan ante a xustiza recortes xeneralizados de prezos de ata 10 céntimos por litro.

Sector primario en Galicia

Imaxe de arquivo dunha explotación láctea

Os produtores lácteos están dispostos a dar a batalla a unhas horas de que se activen, este 1 de abril, novos contratos á baixa impostos polas industrias. Ante iso piden cambios na Llei da Cadea Alimentaria en defensa dos produtores, unha comisión de investigación no Parlamento galego e están dispostos a acudir ante a Xustiza. De feito, xa levaron denuncias ante a Axencia de Información e Control Alimentarios (AICA) e Fiscalía para que actúen ante o que consideran un “fraude” por recortes xeneralizados de prezos de ata 10 céntimos por litro.

Demandas ao Ministerio de Agricultura

Por unha banda, os directores xerais de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e de PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, reuníronse con representantes de Unións Agrarias e Asaga para selar un acordo no que demandan ao Ministerio de Agricultura melloras na Lei da Cadea Alimentaria e no denominado paquete lácteo en defensa do “anse máis débil”, o produtor, ante unha baixada xeneralizada de prezos nos novos contratos.

Así, requiren un prazo dun mes de prórroga de contratos no caso de que non se alcance un acordo entre produtores e industrias, así como que se estableza que organismos estatal ou autonómico debe publicar custos de produción para que se recolla nos contratos e maiores garantías de protección para os produtores.

Ao respecto, Balseiros reclama ao Ministerio que a Lei da Cadea Alimentaria se modifique “de unha vez” porque “non funciona”. Remarca que “ningún anse da cadea pode pagar ao inferior polos custos de produción“, ao tempo que ten que haber un “margen de rendibilidade” e que se recolla na lei un porcentaxe mínimo de rendibilidade.

Igualmente, fai un “chamamento de responsabilidade ás industrias” por esas propostas de renovación de contratos con prezos “notablemente á baixa”. Remarca que hai un “aumento considerable” de incorporación de mozos ao agro, nunha comunidade que produce o 42% do leite de España con preto de 5.000 granxas.

Tamén pide a Xunta ao consumidor que “value a orixe galega” e escolla ese leite, “ou como mal menor orixe España”.

Comisión no Parlamento galego

Por outra banda, o vicesecretario xeral de Unións Agrarias, Félix Porto, agradece esta convocatoria, xa que “hai que queimar todos os cartuchos posibles” para tratar de dar un xiro a unha situación de baixadas “inxustificadas” de entre oito e 11 céntimos. Di que “desde hai moitos anos” non se lembraban recortes así.

Por tal motivo, insta ás administracións a que desenvolvan “todos os resortes” e que “se activen todos os mecanismos de inspección” polo que identifica como práctica “desleal” de introducir leite estranxeiro a prezo “de derrubo”. “Determinadas industrias están a modificar o normal funcionamento do leite no país”, alerta.

Coincide en que se debe mellorar o paquete lácteo e a Lei da Cadea. Remarca que presentaron denuncia ante Fiscalía e espera que actúe con “rigor” pola entrada de cisternas de leite que “distorsionan” o mercado, ademais de denuncias ante Competencia por “fraude de lei” nos prezos. Finalmente, Unións Agrarias esixe unha comisión de investigación no Parlamento galego sobre esta cuestión.

Todo iso nun contexto no que nos últimos días gandeiros, convocados por Unións Agrarias, realizaron diferentes accións como intervir en Teixeiro (A Coruña) un camión procedente de Portugal para tirar 15.000 litros de leite con destino a Inleit, así como derramar cartóns de leite estranxeiro nun Cash Galicia do polígono compostelán de A Sionlla.

O presidente da Asociación Agraria de Galicia (Asaga), Francisco Bello, deu as grazas á Consellería para tentar parar unhas baixadas de prezos “totalmente inxustificadas” por parte da industria láctea, á que acusa de: “Cometer unha tropelía das que nos teñen acostumados historicamente”.

Considera que hai “moitas cousas que cambiar” na Lei da Cadea e pide ao gandeiro que “non se amedrente”. “Non podemos permitir que ningunha explotación en Galicia teña que pechar porque non cubra os custos de produción”, afirma.

Xunta e Goberno

Nun comunicado, o Sindicato Labrego Galego (SLG), que non participou neste encontro en Santiago, solicitou á Xunta e ao Ministerio unha intervención urxente ante a baixada de prezos na renovación de contratos.

No último día que os gandeiros galegos teñen para asinar a proposta de renovación de contratos lácteos, o SLG reclama que se faga cumprir a Lei da Cadea e se cubran custos de produción, ao tempo que lembra que presentou denuncia ante a AICA.

Comenta el artículo
Sigue al autor

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp