Luz verde da Xunta ao dobre proxecto eólico de Naturgy na provincia de Lugo
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático concedeu autorización administrativa previa e de construción a dous parques eólicos que supoñerán un investimento conxunto de case 35 millóns de euros.
Imaxe de arquivo do parque eólico de Naturgy en Cabo Vilán, pioneiro en Galicia, que foi repotenciado en 2016.
Espaldarazo da Xunta de Galicia aos plans de Naturgy coa enerxía eólica. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns dúas resolucións da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático polas que se outorga a autorización administrativa previa e de construción de dous novos parques eólicos na provincia de Lugo.
Trátase de dúas instalacións promovidas por Naturgy Renovables, das cales unha estará situada entre os concellos de Castroverde e Pol, en Lugo, mentres que a outra se ubicará nos municipios de Láncara, Baralla, Castroverde e Baleira. No caso da primeira, trátase da Ampliación Monciro e terá unha potencia de arredor de 6,93 megavatios (MW). O orzamento de execución material calcúlase en case 17 millóns de euros con dous aeroxeradores, ademais de dous centros de transformación, rede colectora subterránea e outros elementos.
O segundo, denominado Montelora, suporá un investimento que tamén rondará os 17 millóns e contará con 25 megavatios e cinco aeroxeradores.