O Supremo rexeita o recurso da Xunta e Norvento contra a paralización cautelar dun parque eólico

Segundo Amil Sen Eólicos, o Alto Tribunal inadmitiu a trámite o recurso de casación contra o auto do TSXG que ordenou a paralización das obras para o parque eólico Acibal.

Parque eólico

O Tribunal Supremo acordou inadmitir a trámite o recurso de casación interposto pola Xunta contra o auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que ordenou a paralización cautelar das obras do parque eólico Acibal a instancia do colectivo ecoloxista Adega, segundo informa Amil Sen Eólicos.

A inadmisión prodúcese por falta de fundamentación suficiente e ausencia de interese casacional obxectivo, segundo destaca esta asociación nunha nota.

En concreto, a sección primeira da sala do contencioso-administrativo do Supremo, nunha providencia con data do pasado 11 de marzo, considera que a Xunta non xustificou que o caso teña relevancia xeral nin cumpre os requisitos para ser revisado en casación. Deste xeito, mantense a paralización das obras e imponse 1.000 euros en costas á Xunta.

Restos arqueolóxicos

Por outra banda, Amil Sen Eólicos lembra que “o conflito ten a súa orixe na aparición, no transcurso das obras, de numerosos restos arqueolóxicos no Monte Acibal (incluíndo petroglifos e outros elementos de alto valor patrimonial) que non foran debidamente identificados nin avaliados durante a tramitación ambiental e patrimonial do proxecto”.

Comenta el artículo
Sigue al autor

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp