O valor das marcas galegas, a exame na Coruña

Representantes de entidades empresariais de capital galego, como Cafés Candelas, Corporación Hijos de Rivera, ITG ou Krack debaterán o próximo día 9 no Club Cámara Noroeste.

Fábrica de Estrella Galicia en A Coruña

Fábrica de Estrella Galicia en A Coruña

A Coruña acollerá o próximo día 9 de outubro un encontro profesional no que se abordará o papel estratéxico que desempeñan as marcas á hora de favorecer o desenvolvemento do ecosistema empresarial. Marcas galegas, historias de éxito terá lugar no Club Cámara Noroeste da cidade herculina.

Organizado polo estudio de deseño coruñés Costa, en colaboración coa Asociación Española de Branding (AEBRAND), o Foro de Marcas Renombradas Españolas (FMRE), a consultora Gfk-An NIQ Company e a Cámara de Comercio de A Coruña, este encontro profesional porá o foco no valor estratéxico das marcas e abrirá un novo espazo de diálogo entre persoal directivo de empresas líderes de capital galego, especialmente entre as de tradición familiar, que se desenvolverá mediante dúas mesas redondas. Entidades como Cafés Candelas, Corporación Hijos de Rivera, ITG ou Krack, entre outras, participarán no debate.

O foro, de acceso gratuíto previa retirada de invitación a través da plataforma EventBrite, albergará ademais a presentación en Galicia dos resultados de BrandPulse 2024, o estudo de referencia sobre a saúde das marcas españolas.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta