Plexus entra na tecnoloxía aplicada ao deporte coa compra de Olocip, do exfutbolista Esteban Granero

A tecnolóxica compostelá lanza con esta adquisición unha nova división do seu negocio, Plexus Sport, para dar servizo tecnolóxico tanto a clubs como a competicións e investidores.

Plexus se ha hecho con la compañía de servicios de IA aplicados al deporte Olocip, fundada por Esteban Granero

O fundador de Plexus, Antonio Agrasar, e o CEO de Olocip, o exfutbolista Esteban Granero – Foto: Plexus Tech

A tecnolóxica compostelá Plexus, presidida por Antonio Agrasar e participada polo fondo Portobello, desembarca no negocio da tecnoloxía aplicada á industria do deporte tras a adquisición dunha participación maioritaria en Olocip, unha firma de intelixencia artificial aplicada ao sector fundada polo exfutbolista profesional Esteban Granero, que pertence ao holding deportivo Best 11 Group. Con esta adquisición, o grupo galego lanza unha nova división denominada Plexus Sport.

“Con Plexus Sport, a compañía amplía a súa actividade cara a un ámbito no que a tecnoloxía xa é clave para a competitividade, a xestión e a relación coas audiencias. A nova división ten vocación de dar servizo a todo o ecosistema do deporte, desde clubes e competicións, ata estadios, marcas, patrocinadores, broadcasters, xestores de contidos e dereitos audiovisuais, así como afeccionados e investidores tamén”, explican.

Nova liña de negocio

A adquisición maioritaria de Olocip actúa como punto de partida deste novo proxecto. “A compañía incorporarase como unidade especializada e manterá a súa marca dentro do ecosistema de Plexus Sport”, explican desde a compañía. “A súa integración permitirá sumar coñecemento específico en análise de rendemento, scouting e toma de decisións mediante intelixencia artificial á capacidade tecnolóxica, operativa e de escala do grupo, nunha iniciativa concebida como plataforma de crecemento que se irá reforzando con novas capacidades e compañías especializadas”, apuntan.

Plexus Sport aspira así a converterse nun “actor de referencia na transformación tecnolóxica da industria deportiva”, apoiándose na experiencia específica que aporta Olocip en intelixencia artificial aplicada ao alto rendemento.

“Paso estratéxico”

Antonio Agrasar, fundador e CEO de Plexus, indicou que a posta en marcha da súa nova división deportiva serve para “dar un paso estratéxico para levar a nosa experiencia tecnolóxica global a unha industria con enorme potencial de transformación”.

Por outra banda, o CEO de Olocip, Esteban Granero, indica que a compañía xurdiu “do coñecemento do deporte desde dentro”. “Formar parte de Plexus Sport permítenos manter a nosa identidade e especialización en performance, e ao mesmo tempo ampliar o noso impacto dentro dun proxecto que entende o deporte como unha industria global”, engade.

Granero fundou Olocip hai unha década xunto a catedráticos e doutores en IA. Forma parte de Best 11 Group, un holding internacional que ten entre os seus obxectivos prioritarios xestionar as carreiras profesionais de deportistas de elite a través da axencia Best Of You, e a xestión de clubes, venues e patrocinio comerciais. Con presenza en mercados estratéxicos como España, Emiratos Árabes, Brasil, China, Arxentina, Portugal e Colombia, o grupo combina a súa capacidade tecnolóxica cunha visión experta e global da industria do deporte.

Comenta el artículo
Sigue al autor

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp