Rueda aplaude a aposta de Gadisa polo retorno de galegos no exterior: “Necesitan empresas potentes”

A compañía incorporou ao seu equipo a 27 profesionais procedentes de Cuba, Uruguai, Arxentina e Brasil no marco do programa Retorna Cualifica Emprego impulsado pola Xunta para facilitar o retorno de emigrantes a Galicia.

Visita del presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, a las instalaciones de Gadis

Visita do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ás instalacións de Gadis.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, agradeceu o compromiso de Gadisa co retorno de galegos no exterior e por participar no programa Retorna Cualifica Emprego, impulsado polo Goberno autonómico e xestionado pola Fundación Venancio Salcines, grazas ao cal incorporou ao seu equipo a 27 profesionais procedentes de Cuba, Uruguai, Arxentina e Brasil.

“As empresas que os acollan teñen que ser empresas potentes e recoñecidas; Gadisa é un perfecto exemplo para que os retornados que traballan aquí sintan desde o primeiro momento que forman parte dunha empresa que lles permite integrarse e que nos permite a nós, ademais do beneficio de rejuvenecer a nosa poboación, devolverlle un aos países que nos acolleron”.

Así o apuntou o mandatario galego durante a visita este martes ás instalacións da compañía no polígono de Piadela de Betanzos, na que estivo acompañado polo presidente e conselleiro delegado de Gadisa, Roberto Tojeiro, e o conselleiro de Emprego, José González.

Rueda destacou que desde que comezou o programa, “xa son máis de 400 as persoas que puideron regresar a Galicia”. “É xente nova que vén con ganas de traballar”.

Noticia en ampliación

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta