Actualizado
Manuel Rodríguez (Fundación RIA): “Compartimos con ED a visión de aportar un espazo de reflexión para impulsar mellores prácticas”
O director da Fundación RIA, impulsada polo arquitecto David Chipperfield, sostén que o Atlas de Economía Dixital Galicia é un traballo “rigoroso” que permite medir “en que lugar estamos para poder mellorar”

Un momento de la intervención de Manuel Vázquez, director de la Fundación RIA, en la presentación del Atlas Urbano de la Sostenibilidad en Galicia / Xurxo Lobato
A presentación do Atlas Urbano da Sostibilidade en Galicia, que este xoves desvelou as conclusións da súa segunda edición, foi o primeiro evento que acolleu Casa RIA, o novo espazo na rúa Virxe da Cerca de Santiago da fundación do arquitecto David Chipperfield, en colaboración cunha entidade externa, Economía Dixital Galicia. «Estamos moi ilusionados de que o primeiro acto sexa a presentación dun atlas urbano da sustentabilidade, porque é un traballo rigoroso que nos permite medir en que lugar estamos e como podemos mellorar», dixo o director da Fundación RIA, Manuel Vázquez, que exerceu como anfitrión na presentación do estudo.
Casa RIA pretende converterse nun espazo de reflexión e de debate sobre a relación entre o medio natural e o construído, un asunto que non só incumbe á arquitectura, senón tamén ao desenvolvemento sostible das cidades de maneira que garantan o benestar de quen as habita. Neste sentido, o director de Fundación RIA destacou a «visión compartida» con Economía Dixital Galicia sobre o que ambas as institucións poden achegar á sociedade: «Un espazo de reflexión, un punto de encontro co que impulsar mellores prácticas e mellores políticas que permitan conservar e impulsar a nosa calidade de vida«, sinalou.
Vázquez agradeceu ao grupo de medios a elección de Casa RIA para a presentación do estudo e ao coordinador do Atlas, Xosé Gabriel Vázquez, a elaboración do «extenso e rigoroso traballo». «Permítenos ver unha imaxe completa de Galicia fronte ao reto dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible«, apuntou.