¿Incremento salarial e redución de xornada? Riscos máis que beneficios para a competitividade

As empresas galegas non se opoñen a mellores condicións laborais, senón a reformas que non respectan o diálogo, a realidade de cada sector e a lóxica produtiva.

La vicepresidenta segunda y ministra de Trabajo y Economía Social, Yolanda Díaz, interviene durante un pleno en el Congreso de los Diputados

La vicepresidenta segunda y ministra de Trabajo y Economía Social, Yolanda Díaz, interviene durante un pleno en el Congreso de los Diputados, a 10 de septiembre de 2025, en Madrid (España). Jesús Hellín / Europa Press

O proxecto de Lei que incorporaba a redución da xornada máxima de traballo de 40 a 37,5 horas semanais sen rebaixar o salario e que foi bloqueado no Congreso dos Deputados, reavivou un debate central: poden, de forma simultánea, aumentar salarios e reducir horas de traballo sen sacrificar produtividade nin competitividade? Desde a CEG, e co apoio da CEOE, entendemos que a resposta é un rotundo non, se non cambian as condicións estruturais.

A CEOE foi clarísima: a premisa gobernamental de que reducir a xornada incrementa a produtividade “non se sostén empiricamente”, e para alcanzar a produtividade media da UE, España requiriría unha xornada efectiva de 41,2 horas semanais. Na súa análise, advirte que impoñer unha redución legal antes dun incremento real de produtividade suporá un aumento de custos laborais, derivando en inflación e perda de competitividade.

Igualmente, subliña que moitos convenios colectivos xa contemplan xornadas de entre 37,5 e 39,5 horas, adaptadas á realidade de cada sector. Pero impoñer un tope legal, sen diálogo e sen memoria económica adecuada, afecta e condiciona de maneira importante a negociación colectiva, negociación que é clave para preservar a adaptación das condicións de traballo a cada realidade sectorial e de empresa.

O empresariado é refén dos custos e do intervencionismo. Desde a CEG, respaldamos a análise da CEOE e alertamos das dificultades específicas de Galicia, onde o tecido económico compóñese maioritariamente de pemes e microempresas con escasa capacidade para asumir custos adicionais.

Xa en xullo de 2024, cualificamos as iniciativas de redución de xornada, incremento do salario mínimo ou cambios no despedimento como “ocurrencias” que penalizan ás empresas, especialmente en sectores onde se traballa xa con xornadas próximas a 1.780 horas anuais.

Sin productividad, subir sueldos y bajar horas es un espejismo

Recentemente, en maio de 2025, insistimos en que esta redución, de levarse a cabo, provocaría inflación salarial, elevaría os custos empresariais e ademais xa provocou a paralización da negociación colectiva: Medida que supón unha inxerencia do Goberno que cambia as regras a metade do partido.

É preciso entender a realidade económica internacional. Segundo BBVA Research, as reducións de xornada deben seguir, non preceder, incrementos reais e permanentes de produtividade. Inverter a orde pode lastrar o crecemento do PIB e do emprego: unha caída desordenada de horas derivaría nun custo laboral equivalente ao 1,5 % do PIB, restando arredor de 0,7 puntos de crecemento anual e 0,8 puntos ao emprego.

En cambio, modelos de redución de xornada ou de xornada comprimida vinculada a avances en produtividade (como os pilotos en Islandia ou Reino Unido) están deseñados como medidas experimentais e sectoriais, non decretos aplicados indiscriminadamente. Aínda cando mantiveron o salario e reduciron horas, fixérono tras alcanzar compromisos de mellora de produtividade e organización interna, non ao revés

O que necesita Galicia é diálogo, formación e estabilidade. Na nosa comunidade, a xornada media pactada está en 1.756,46 horas anuais, nove menos que en 2023. Estes avances xurdiron do diálogo social, non dunha imposición unilateral: un modelo que defendemos e que debe respectar as particularidades de cada sector.

Ademais, desde a CEG insistimos en abordar temas clave: a formación de traballadores, a loita contra o absentismo, o impulso á dixitalización e a mellora de infraestruturas de transporte ou enerxéticas, entre outras.

En conclusión: sen produtividade, subir soldos e baixar horas é un espellismo. Por todo iso, manteño que o escenario ideal non é subir salarios e reducir xornada simultaneamente antes de mellorar a produtividade empresarial. É perigoso pensar que estes dous movementos provocan automaticamente maior eficiencia. A experiencia, os datos e o sentido común sinalan que, sen avances técnicos, formativos e organizativos previos, ese binomio conduce a máis custos, menos competitividade e dificultade para crear emprego estable.

Como presidente da CEG, afirmo que as empresas galegas non se opoñen a mellores condicións laborais, senón a reformas que non respectan o diálogo, a realidade de cada sector e a lóxica produtiva. Cremos que se pode conciliar a mellora das condicións laborais e da competitividade, pero só se partimos de incrementar a produtividade. Se partimos do recorte de horas e dunha subida automática dos salarios sen respaldo estrutural, o modelo non será sostible. Galicia e España necesitan medidas realistas e consensuadas no diálogo social. Esa é a única senda sostible para a competitividade real nun entorno global cada vez máis esixente.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta