A Xunta terá un orzamento de 14.240 millóns en 2026, un 2% máis.

De acordo co aprobado polo Consello da Xunta este venres, o teito de gasto crece un 1,6%, ao que se incorporan recursos extra procedentes de fondos de cohesión.

Alfonso Rueda

Alfonso Rueda – DAVID CABEZON @ XUNTA

A Xunta aprobou nunha reunión do Consello de carácter extraordinario o proxecto de lei de orzamentos para o ano que vén, que finalmente ascende a 14.240 millóns, un 2% máis.

Aínda que o teito de gasto ascende a 14.177 millóns (un 1,6% máis), o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, destacou que o dato sobe respecto ao verán en 63 millóns porque se incorporan recursos finalistas como os derivados da reprogramación de fondos de cohesión e tamén para a recuperación contra os incendios.

A barreira dos 14.000 millóns

Pola súa parte, o presidente galego, Alfonso Rueda, lembrou que “por primeira vez na historia” de Galicia as súas contas “superan a barreira dos 14.000 millóns” e son uns orzamentos “novos, para un novo escenario”.

A este respecto, ambos destacaron o fin do mecanismo de recuperación e resiliencia, polo que “ábrense un novo escenario que obriga, e as circunstancias financeiras permíteno, a facer un esforzo suplementario para poder substituír con fondos propios ese termo progresivo dos fondos europeos”.

Noticia en ampliación

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta