Besteiro celebra o triplo portazo do Goberno a Altri e pide a Rueda que non apoie o seu recurso.

José Ramón Gómez Besteiro asegura que o recurso de Altri contra a planificación enerxética do Goberno podería "poñer en risco investimentos por valor de centos de millóns" e "comprometer "proxectos viables, sostibles e maduros"

El secretario xeral del PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro - PSDEG

El secretario xeral del PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro – PSDEG

O secretario xeral do PSdeG eleva o ton contra o presidente da Xunta a conta de Altri. José Ramón Gómez Besteiro reclamoulle a Alfonso Rueda que renuncie a apoiar o recurso que Altri anunciou contra a planificación eléctrica do Estado.

Durante unha visita á cooperativa de Milhulloa, en Palas de Rei, Besteiro advertiu que este recurso podería “poñer en risco investimentos por valor de centos de millóns”, ademais de comprometer “proxectos viables, sostibles e maduros”, que si están incluídos nesa planificación. Así, sinalou que, de ocorrer así, “Rueda sería o responsable polo seu respaldo á planta”.

Besteiro puxo a esta cooperativa como exemplo de “innovación vinculada á terra” tras dúas décadas “demostrando que se pode crear emprego e riqueza cun modelo sostible e cen por cen ecolóxico”.

Tras visitar a explotación, reclamou para A Ulloa iniciativas que impulsen “unha economía respectuosa co patrimonio e o medio natural”, en vez de “macrofábricas que esquilman”. Máis aínda, dixo, nunha comarca que é “un referente en Galicia polo seu sector agrario e gandeiro” e polo seu compromiso co futuro do rural.

A xuízo do líder dos socialistas galegos, “o camiño” é apoiar proxectos “que coidan o territorio, xeran valor engadido e fortalecen o rural”, fronte á planta de Altri “que pretende impoñer á Xunta” e que “non representan nin futuro nin progreso”. “Nós defendemos a industria, pero unha industria que cree emprego de calidade e respecte o maior patrimonio que temos, o noso medio natural”, insistiu.

Así mesmo, alertou de que levantar unha celulosa en A Ulloa vai danar os recursos, desprazar cultivos e explotacións “que son a principal fonte de riqueza da comarca e causar un impacto catastrófico sobre o medio”. Ademais, lembrou tamén que “nin vai crear o emprego que prometeu nin vai fixar poboación, senón todo o contrario”.

Os tres ‘non’ do Goberno

José Ramón Gómez Besteiro sinalou que despois dos “tres non do Goberno” á subvención do Perte de descarbonización, ás axudas extraordinarias e á conexión eléctrica, confírmase o que o PSdeG advertía: “Queda claro que Altri non é viable nin económica, nin social, nin ambientalmente”, e que, ademais, “nin España nin Europa lle abriran as portas”. “En Galicia non o queremos”, sentenciou.

Besteiro preguntouse “que vai facer Rueda respecto do recurso que estuda presentar Altri tras a súa exclusión da planificación eléctrica” e sostivo que apoiarlo “sería irresponsable”. Por iso, demandou que “renuncie de unha vez a instalar Altri en Palas que resolva negativamente e dé o proxecto por liquidado”.

Besteiro lamentou que a de Altri fose “a única aposta de Rueda para A Ulloa” e instouno a “cambiar xa de rumbo”. Así, chamou a atención sobre que nos orzamentos da Xunta para o próximo ano “non hai nin un euro” para impulsar a economía a través dos plans sostibles, como a promoción dun turismo que poña en valor o patrimonio e a natureza, a pesar de que a comarca “é unha zona de enorme riqueza” nese sentido.

Ademais, criticou que tampouco figura unha partida para vivenda, principal preocupación da cidadanía. “Xa avanzamos que presentaremos emendas aos orzamentos para eses fins”, asegurou.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta