Minería e renovables, chaves para o futuro de Galicia segundo a Oficina de Coordinación Económica da Xunta

Juan Carlos Reboredo, responsable del organismo creado por el Gobierno gallego esta legislatura, aboga por “seguir impulsando” la eólica y lamenta las iniciativas paralizadas por la justicia

Juan Carlos Reboredo

El secretario xeral de la Oficina de Coordinación Económica da Presidencia, Juan Carlos Reboredo, en la comisión de economía / Xunta

O secretario xeral da Oficina de Coordinación Económica da Presidencia da Xunta, Juan Carlos Reboredo, estabeleceu dúas das metas do seu departamento na súa primeira comparecencia parlamentar. O alto cargo indicou que impulsar as enerxías renovables e apostar pola minería de “materiais críticos” serán dúas das chaves do futuro de Galicia.

Este xoves, o responsable do novo organismo creado pola Xunta nesta lexislatura desgranou as principais liñas de actuación que persegue o departamento dependente de Presidencia, no que os principais grupos da oposición (BNG e PSdeG) aprecian un solapamento de funcións con outras entidades da área económica da Administración galega.

Enerxía, auga e talento

Ante a Comisión de Economía do Parlamento, Reboredo sinalou que o traballo da oficina que dirixe desde abril centrarase en “tres piares” nos que Galicia “conta con vantaxes competitivas e gran potencia de desenvolvemento”: a enerxía, a auga e o “talento”. Estas tres áreas son “chaves” para encarar o proceso de transición enerxética, a descarbonización da economía e mellorar a actividade económica galega e a súa produtividade.

Reboredo apuntou que o 64,8% da enerxía que se produce en Galicia provén de fontes renovables pero o 70% da que se consome aínda é de combustibles fósiles, o que indica que “queda moito camiño por andar” nun territorio con “potencialidade” para converterse en “líder” na produción de renovables.

Parálise eólica

Neste senso, abogou por “seguir impulsando” o desenvolvemento da enerxía eólica “tanto en proxectos novos como de repotenciación”, a pesar de que “desafortunadamente moitas iniciativas atópanse agora mesmo paralizadas por cuestións xudiciais”.

Cobre, níquel, cobalto e hidróxeno verde

A extracción de “minerais críticos” para a produción de enerxía renovables, tales como cobre, níquel, cobalto, litio ou grafito; é outro dos eixos sinalados por Reboredo, que ve “prioritario” desenvolver proxectos de investimento “asociados á explotación e produción eficiente e sostible” destes elementos necesarios para configurar turbinas, paneis solares ou baterías.

O segundo dos “piares” desta nova oficina enfocada a “coordinar” a acción da Xunta na área económica é o impulso dos proxectos vinculados á explotación da auga, especialmente pola súa capacidade para a produción de hidróxeno verde.

O terceiro e último destes eixos prioritarios é a xestión do “talento”, co foco posto na biotecnoloxía e a intelixencia artificial, ámbitos nos que Reboredo incidiu que Galicia ten potencial para converterse en “referente” a nivel mundial.

Críticas da oposición

Durante os seus turnos de intervención, os principais grupos da oposición no Parlamento de Galicia –BNG e PSdeG– manifestaron as súas dúbidas sobre a necesidade de creación deste organismo, no que aprecian “duplicidades” con outros departamentos.

Así o manifestou a deputada nacionalista Noa Presas, que tras lamentar que a comparecencia de Reboredo incurrise en “unha roda de prensa de generalidades” orientada a “sacar titulares” de prensa, expresou que o Bloque dá “o beneficio da dúbida” a este novo órgano pero cre que a súa posta en marcha podería ser “unha estratexia de márketing” ou “unha mostra de desconfianza” por parte de Alfonso Rueda cara á conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana.

Pola súa banda, a socialista Patricia Iglesias apuntou que consideran que o cargo de Reboredo “carece de funcións executivas” e limítase a exercer tarefas de “asesoramento” en funcións que “duplican” as que xa exercen entidades como o Igape; ao tempo que demandou á Xunta que corrixa a “gran inseguridade xurídica” que existe para o desenvolvemento de proxectos industriais e que resulta “insoportable” para o sector.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta