O BNG acusa a Rueda de deixar sen executar o 70% das medidas propostas tras a onda de incendios de 2017.

O vicevoceiro Luis Bará erixe a Rueda como o "máximo responsable" de non executar as medidas que poderían previr a extensión dos lumes no territorio.

El viceportavoz del BNG en el Parlamento, Luís Bará

El viceportavoz del BNG en el Parlamento, Luís Bará – BNG

O BNG carga contra a Xunta e denuncia o incumprimento do 70% das 123 medidas propostas no ditame da comisión de expertos creada polo Parlamento galego tras a vaga de incendios que asolou a comunidade no ano 2017. Así o apuntou o vicevoceiro da formación, Luís Bará, quen erixiu a Alfonso Rueda como o “máximo responsable” de dito incumprimento.

Bará tamén responsabiliza ao xefe do Executivo galego do ocorrido este verán, o peor deste século respecto aos incendios forestais.

“Esta situación estaba prevista e foi analizada neste ditame de persoas expertas da comisión de estudo do ano 2018, publicado no mes de agosto, que establece un total de 123 medidas, das cales nós podemos asegurar que arredor do 70% foron incumpridas, non foron desenvolvidas”, denunciou Bará, en rolda de prensa.

O vicevoceiro do Bloque incidiu que a vaga de incendios deste verán foi o “maior desastre ambiental, económico e social da historia recente de Galicia, deste século”, e engadiu que xa máis de 96.000 hectáreas ardéron na comunidade autónoma.

Bará tamén acusou a Rueda de ser o “máximo responsable” do incumprimento das medidas que poderían previr a extensión dos lumes no territorio.”¿Cómo pode ser que o señor Rueda teña o descaro de dicir que vai dar un acelerón na prevención de incendios cando é o responsable máximo do incumprimento de toda esta batería de medidas de prevención?”, afeou.

Investigación á Xunta

A intervención de Bará chega dous días despois de que a líder do BNG, Ana Pontón, anunciase que o partido ía rexistrar unha solicitude para que se abra unha comisión que investigue a xestión da Xunta durante a vaga de incendios deste verán.

Ademais, o próximo venres reunirase a Deputación Permanente, órgano reitor da Cámara en períodos inhábiles, que tamén abordará a situación derivada dos lumes.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta