“Portazo” de Rueda á condonación da débeda: «É un negocio ruinoso para Galicia»

O presidente da Xunta denuncia que a medida implica que Galicia teña que facer fronte "a unha parte moi importante da débeda doutras comunidades autónomas que non son quen de pagala"

Alfonso Rueda

Alfonso Rueda – DAVID CABEZON @ XUNTA

O presidente da Xunta opónse á condonación da débeda. Alfonso Rueda defendeu este luns que se reafirma “cada vez máis” na súa postura en contra desta medida porque “segue sendo un negocio ruinoso para Galicia”.

Rueda respondeu así ao anuncio de que o Goberno central aprobará este martes o proxecto de lei para asumir ata 83.252 millóns de euros de débeda das comunidades autónomas. “A nosa postura non cambiou desde o principio e cada vez me reafirmo máis”, insistiu Rueda, para rexeitar esta medida porque significará que Galicia, que si “pode asumir” o pago dos intereses da súa débeda”, terá que facer fronte “a unha parte moi importante da débeda doutras comunidades autónomas que non son capaces de pagala”.

Segundo Rueda, sería “perfecto” se esta condonación supuxese, “como dixo o secretario xeral do PSdeG”, José Ramón Gómez Besteiro, que o Goberno central transfira a Galicia 4.000 millóns de euros “para gastar”.

“Pero todos sabemos que isto non é así e, polo tanto, segue sendo un negocio ruinoso para Galicia”, engadiu, antes de puntualizar que Cataluña será a autonomía “que máis débeda mutualice”, ao que habería que sumar “o sistema de cota” que descolgaría a esta comunidade do sistema ordinario de financiamento.

Neste mesmo contexto, Alfonso Rueda aproveitou para criticar que o Goberno, ao falar de condonación, “considera que queda exonerado” de abordar a reforma do sistema de financiamento autonómico, no que Galicia “reclama non menos de 500 millóns de euros” para gastar “en servizos”. “Nesa mesa é na que nos deberían sentar e nunca nos sentan nin nos chaman”, sentenciou.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta