Rueda defende que «non hai nada que ocultar» nos contratos da Xunta coa consultora de Montoro

Alfonso Rueda defende que "son contratos feitos entre o ano 2009 e o 2011" e que non hai nada "irregular en absoluto"

Alfonso Rueda

Alfonso Rueda – DAVID CABEZON @ XUNTA

O presidente da Xunta de Galicia defende a legalidade dos contratos con Equipo Económico. Alfonso Rueda asegurou este luns que “non hai absolutamente nada que ocultar” nos contratos do Goberno galego co despacho do exministro de Facenda, Cristóbal Montoro, investigado por presuntos amaños en leis a cambio de pagamentos de empresas.

O presidente da Xunta pronunciouse deste xeito ao ser preguntado na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Goberno pola esixencia do BNG de coñecer os contratos asinados polo Goberno galego con este despacho.

Respecto diso, Rueda asegurou que non ten “ningún problema na transparencia” e en fornecer estes contratos. Ademais, dixo que non é necesaria ningunha investigación porque “ningún motivo hai”.

Son contratos feitos entre o ano 2009 e o 2011 para consultoría económica e non hai absolutamente nada que ocultar”, afirmou para sinalar que a Xunta llos facilitará “a quen os pediu”. “Non vexo necesario unha investigación por unha actuación que, por parte nosa, non foi irregular en absoluto“, insistiu.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta