Ana Pontón denuncia o «secuestro» de Nicolás Maduro e acusa á UE de «subordinación» ante Trump.
A voceira nacional do BNG acusa aos Estados Unidos de ir "a por o petróleo de Venezuela" e advirte que "o próximo será Groenlandia".
A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa – EUROPA PRESS
A voceira nacional do BNG clama contra Estados Unidos pola detención de Nicolás Maduro. Ana Pontón, asegurou que o Goberno e a Unión Europea están “fóra de xogo” ante o “ataque” do país que preside Donald Trump a Venezuela.
A líder nacionalista reclamou ao Goberno de Pedro Sánchez e ao comunitario que sexan “contundentes” ante o que definiu como “o secuestro” de Nicolás Maduro. Pontón recoñeceu que hai que ser “prudentes” ante unha situación que, apuntou, ninguén “imaxinaba”: “Que se poida entrar nun país soberano e secuestrar ao seu presidente”.
A seu xuízo, isto supón “unha ameaza para os dereitos e liberdades de todos”, sinalando que “agora van polo petróleo de Venezuela”, pero “o próximo será Groenlandia” e, de fondo, engadiu, “a vella política imperialista”. “Hai que ser contundentes á hora de denunciar o que está ocorrendo e reclamar que se respecte a soberanía de Venezuela porque o futuro non o pode decidir Trump, téñeno que decidir os venezolanos”, remarcou.
Nesta liña, Ana Pontón lamentou que o Goberno e as institucións europeas permanezan “fóra de xogo” e non teñan “ningún papel neste momento”, algo que, segundo a voceira nacionalista, mostra “unha subordinación moi clara a Estados Unidos“. Por iso, cuestionada sobre se está satisfeita coa resposta do Goberno de Pedro Sánchez tras estes feitos, Pontón esixiu “máis contundencia” porque, insistiu, “ningún país ten dereito a invadir outro e secuestrar ao seu presidente”.
A situación en Ucraína
“É unha ameaza para todos”, alertou antes de afirmar que o ocorrido leva a un mundo “máis inseguro” e no que “xa saltou polos aires o dereito internacional”. “Se o futuro é a lei do máis forte, sairanos moi mal”, augurou.
En paralelo, Ana Pontón tamén respondeu a preguntas dos medios sobre a posición do BNG ante o posible envío de tropas españolas a Ucraína, a líder da oposición na Cámara galega reiterou que non cre que o Estado “teña que participar no envío de tropas”.
“Cando se envía a militares non é para facer a paz, senón para facer a guerra e cremos que hai que traballar por unha solución diplomática”, argumentou. Ademais, criticou a “hipocrisía” por parte da Unión Europea ao demandar aos países que “se endebeden para enviar armas a Ucraína” e non para “incrementar o gasto social”.