Aena avanza relevo para Ryanair en Santiago e Vigo: «Hai moitas compañías dispostas a encher o oco»

Representantes de Aena, a Xunta e o Goberno celebraron este mércores a primeira reunión do grupo de traballo encargado de potenciar a coordinación entre os aeroportos galegos para reforzar a súa competitividade.

Primera reunión del grupo de trabajo 'Conectividad de Galicia' celebrada con representantes de la Xunta, Aena, grandes ciudades y la patronal gallega / Europa Press

Primera reunión del grupo de trabajo ‘Conectividad de Galicia’ celebrada con representantes de la Xunta, Aena, grandes ciudades y la patronal gallega / Europa Press

Aena esboza os primeiros detalles sobre o seu diagnóstico da situación dos aeroportos galegos. Representantes da empresa compareceron ante os medios de comunicación tras a primeira reunión do grupo de traballo Conectividade de Galicia, que tentará potenciar a coordinación entre os aeroportos galegos. Na reunión participaron representantes do Goberno, Xunta de Galicia e concellos, así como do Consello de Cámaras de Galicia, do Clúster de Turismo de Galicia e da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), que comezarán a traballar “conxuntamente” cara á coordinación autonómica e a captación de rutas.

Neste sentido, o primeiro paso que dará a empresa estatal é a preparación de casos de negocio que poidan “funcionar” en Galicia, unha análise que se comprometeu a ter “antes do final do ano”. Unha vez conten con eles, plantexarán estes casos ás aerolíneas a través dos eventos especializados do sector. O director de Datos e Mercado Aeronáutico de Aena, Ignacio Biosca Vancells, descartou que se vaian a “limitar” destinos en algunha das cidades.

Aena propuxo un calendario a seguir dentro dun marco compartido de análise e propostas técnicas. “A partir de uns datos iniciais que AENA aportou, quixemos contar cos datos que as institucións teñen e poder traballar conxuntamente para ver como podemos optimizar a forma de traballo de todos”, valorou Biosca Vancells.

De acordo ao seu diagnóstico, o tráfico aéreo creceu nun 50% en Galicia, o que ve como “moi significativo”. Así mesmo, a preguntas dos xornalistas, rexeitou falar de “desplome” en relación á baixada de pasaxeiros en Santiago.

Con todo, desde o xestor aeroportuario recoñecen que o recorte de Ryanair co peche da súa base en Santiago e eliminación de rutas en Vigo “afectou” a ambos aeroportos e a “forma de paliarlo” é “traballar conxuntamente”. “Afortunadamente hai moitas compañías que están dispostas a encher o oco que deixa Ryanair”, asegurou.

Na primeira reunión non se chegou a falar aínda de especialización nos aeroportos. Con todo, cuestionado por unha posible limitación de rutas, o director de Datos de Aena descartou que esta vaia ser a estratexia: “Non vamos limitar ningún destino en ningunha cidade. O que imos facer é, a partir de datos obxectivos, ver que destinos encaixan máis en cada unha delas”.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta