José Viqueira, CEO do Grupo Viqueira: “Durante moito tempo demonizouse ao promotor inmobiliario”.

O administrador do grupo, que pechou o exercicio cunha facturación global de 70 millóns, explica a ED Galicia os plans de futuro da compañía e algunhas das tendencias actuais do sector inmobiliario.

José Viqueira, CEO del Grupo Viqueira

José Viqueira, CEO del Grupo Viqueira

A mediados de xullo o Grupo Viqueira anunciou un investimento de 35 millóns nun novo complexo residencial en La Orotava, Tenerife. O proxecto Royal Path Apartments contempla a construción de 96 vivendas con garaxe e trasteiro. O grupo con sede en Vigo, que desenvolve a súa carteira de proxectos en Galicia, Portugal e Illas Canarias, pechou o exercicio cunha facturación de uns 70 millóns e un crecemento do ebitda do 74%. José Viqueira, CEO e administrador do grupo, fala a Economía Digital Galicia das expectativas dunha firma nacida hai case sete décadas, das novas tendencias do sector inmobiliario e da situación dun mercado que vive un momento doce co incremento da compravenda de vivenda.

O complexo residencial de La Orotava é a primeira incursión do Grupo Viqueira no norte de Tenerife

É a primeira vez que estamos no norte. Viñemos de facer mil vivendas no sur, un centro comercial tamén nesa zona e estamos construíndo o Hotel de La Tejita. En Tenerife, dun tempo a esta parte, a raíz da entrada tamén de fondos de investimento, desenvolver promocións é máis complicado porque se está incrementando moito o valor do solo e cada vez hai menos oportunidades. Como xa levamos moito tempo alí intentamos probar un pouco na zona menos masificada, aínda que tamén hai turismo.

Decidimos facer un estudo, seguir a evolución do mercado durante os últimos dous anos e ao final chegamos a un acordo coa propiedade e compramos o solar. En concreto, construiremos 96 vivendas nunha zona que é espectacular.

Parece que o complexo está tendo boa acollida, se non me equivoco levan prevendidas o 50% das unidades

A verdade que si. Antes da compra do solar acordamos coa propiedade unha condición suspensiva, que consistía basicamente en sacar o proxecto á venda, prevendelo e se tiñamos un 40% das vivendas comercializadas xa proceder coa compra. Con iso conseguíase mitigar o risco comercial; é a mellor forma de testar se hai mercado ou non.

O grupo Viqueira ten unha forte implantación tanto en Galicia como nas Illas Canarias, hai previsión de crecer cara outras comunidades?

Por agora non, estamos no que se chama un wait and see. Basicamente estamos con esta última operación que fixemos en Tenerife, que se puido activar grazas a todo este acordo e, aínda que vemos que o mercado está robusto e os fundamentais son moi bos, o impacto que teñen os prezos e as valoracións do solo son moi elevados.

Queremos executar os proxectos, seguir facéndoo ben, entregalo aos clientes e de momento, vamos estar polo menos un par de anos sen facer máis investimentos. No que si que estamos investindo é no hotel, que estamos falando de 53 millóns de euros. É o noso buque insignia agora mesmo e temos que entregalo e abrilo en outubro de 2027. Aí é onde estamos centrando todos os nosos esforzos e tamén na promoción da Orotava.

En Galicia, con todo, os prezos por metro cadrado está claro que son moitísimo máis baixos, non ten nada que ver con Tenerife. Si que estamos arrancando coa promoción de Riberiras do Lérez en Pontevedra, tamén con unha acollida moi boa.

Por outro lado, temos o Alto de Bouzas, en Vigo, onde agora estamos en fase de cimentación e estrutura. Aquí, aparte do residencial libre, que xa está vendido practicamente o 80%, vamos a facer nas catro primeiras plantas un coliving, que será o primeiro.

¿Como funcionará este coliving?

Tal e como o temos pensado vai centrarse sobre todo en xoves profesionais e en vivendas para traballadores de empresas, o que chaman en inglés corporate housing. Son casos nos que as compañías aloxan aos empregados que teñen que estar desprazados por calquera motivo alí. Basicamente é como se fose un hotel, pero de longo prazo.

Vai contar con absolutamente todas as comodidades sen ter que estar preocupándose polo pago do IBI, das facturas do Wi-Fi… Está todo integrado e non só iso, senón que o nivel de confort das habitacións vai ser moi bo, con todas as facilidades.

Contará con unhas zonas comúns, que é aí onde está a clave do coliving. Trátase de facer afinidade, por iso é bo que non se perda moito a perspectiva e empezar a mesturar moitos públicos obxectivo. O importante dentro deste modelo é ter unha estratexia o máis clara posible, dedicarte ao público obxectivo e xerar comunidade entre eles.

Dest…

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta