A patronal galega aplaude a proposta do IVE ao 0% na alimentación de Juan Roig (Mercadona)

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia considera “unha boa medida” a proposta de Roig e sinala que o empresariado está a traballar coa administración para "minimizar" o impacto da guerra de Irán.

El presidente de la CEG, Juan Manuel Vieites - CEG

O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites – CEG

Juan Manuel Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), cualificou a proposta do presidente de Mercadona, Juan Roig, dun IVE ao 0% nos produtos de alimentación polo estoupido do conflito bélico en Irán como unha “boa medida”. “Benvido sexa se se pode iniciar”.

Así o expuxo a preguntas dos xornalistas con motivo da reunión que mantivo nesta xornada co delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, quen, pola súa banda, defendeu que o Goberno está a estudar medidas.

“Está a traballar na eventualidade de implementar todo o que se poida”, recalcaou Blanco sobre o Executivo central para incidir, por outra banda, que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, está “no lado correcto, no lado da paz”.

Mentres, o presidente da CEG, a preguntas dos xornalistas, aludiu á situación de incerteza que vive o empresariado. “O que está a pasar non é desexable, hai que tentar buscar o acomodo canto antes, as estratexias das empresas terán que modificarse en función da situación”.

Sobre o IVE ao cero por cento para os alimentos, indicou que “sería unha boa medida”. “Habera que ver os equilibrios económicos financeiros para ver se pode afectar ás pensións ou outras cuestións”.

“Son de buscar equilibrios, se se pode facer benvido sexa e se se pode iniciar esa medida, quizais dunha maneira parcial, tamén benvido sexa”, recalcaou. Mentres, dixo que o empresariado está a traballar coa administración para “minimizar” o impacto da guerra.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp