Aena adxudica por máis de 26 millóns as obras para arranxar a pista de Lavacolla, que pechará máis dun mes.

As empresas Padecasa Obras e Servizos, Infraestruturas Conelsan e F. Gómez e Cia encargaránse dos traballos, que obrigarán ao peche da infraestrutura durante 35 días entre abril e maio de 2026.

Vista interior del aeropuerto de Lavacolla

Vista interior del aeropuerto de Lavacolla

O Consello de Administración de Aena aprobou a adxudicación por 26,6 millóns ás empresas Padecasa Obras y Servicios S.A., Infraestructuras Conelsan S.A., e F. Gómez y Cia S.L. para executar as obras que teñen como obxectivo rexenerar o pavimento da pista do Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro, que manterá pechado o aeródromo compostelán durante 35 días o próximo ano.

Desenvolverase en gran medida en horario nocturno, cando non hai voos regulares de pasaxeiros programados, e implicará, do mesmo modo, o peche diurno da infraestrutura compostelá durante un total de 35 días, entre abril e maio de 2026.

Asimesmo, Aena informou que durante os últimos meses realizou as comunicacións pertinentes sobre os peches ás compañías aéreas, os axentes que operan no aeroporto e as administracións e institucións locais, e está traballando con eles analizando o impacto do proxecto, “para así coordinar de maneira eficiente o desenvolvemento das actuacións”.

Renovación da pista

A obra inclúe traballos relacionados coa renovación do pavimento da pista e terá un alcance de 1,28 metros de profundidade en catro zonas determinadas (uns 19.350 m2), mentres que será menos profunda no resto do campo de voos.

Para iso, usarase un total de 73.000 toneladas de novo pavimento producido no interior das instalacións, en dúas plantas provisionais, co fin de garantir o subministro e optimizar o transporte. A execución das actuacións renovará tamén o sistema de balizamento, o drenaxe no campo de voos, ademais da nivelación do terreo das áreas críticas e as franxas de seguridade a ambos lados da pista.

Cabe recordar que estas actuacións levarán o peche do tráfico aéreo en períodos en horario nocturno entre o 13 de xaneiro e o 9 de outubro e o peche de 24 horas durante 35 días completos do 23 de abril ao 27 de maio.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta