Alianza entre EF Business School e o Instituto Español de Analistas para impulsar a formación financeira en Galicia.
O obxectivo desta colaboración é ampliar o alcance da oferta formativa da Escola FEF, integrando os seus programas nos canais dixitais de Ef Business School co fin de facilitar novas inscricións.
Escola de Negocios EF Exterior en Oleiros
Ef Business School e o Instituto Español de Analistas, a través da Escola FEF, asinaron un acordo de colaboración para impulsar a difusión e o acceso a formación financeira especializada en Galicia.
Con este acordo, Ef Business School convértese en colaborador estratéxico para a promoción e comercialización dos programas da Escola FEF, reforzando a súa presenza en novos públicos e canles.
“O obxectivo desta colaboración é ampliar o alcance da oferta formativa da Escola FEF, integrando os seus programas nos canles dixitais de Ef Business School – web, newsletters, redes sociais e campañas online – co fin de facilitar novas inscricións e poñer á disposición de profesionais e estudantes contidos actualizados e aliñados coas demandas do mercado”, explican nun comunicado.
Ademais diso, o acordo tamén contempla a creación dun espazo específico en EF Business School que estará dedicado á visibilidade de formacións da Escola FEF, con acceso directo ás súas páxinas de información e inscrición, así como o intercambio de materiais e recursos para garantir unha comunicación coordinada, rigorosa e coherente entre ambas institucións.
“A colaboración con ef business school permitiranos ampliar a nosa presenza en Galicia e fortalecer un ecosistema de aprendizaxe que conecte mellor as necesidades reais do mercado coa nosa oferta académica”, sinala María Redondo, directora de Escola FEF.
Por súa parte, Venancio Salcines, presidente de Escola de Finanzas Business School (Ef Business School), destaca: “este acordo permite alinear formación académica e práctica profesional, potenciando a empregabilidade do alumnado”.
Plans de futuro
O acordo abre a porta a desenvolver novas liñas de colaboración entre ambas entidades en áreas como a investigación, divulgación, organización de eventos, seminarios e outras actividades de interese para a comunidade financeira e empresarial.
“O acordo representa un impulso para a nosa delegación, porque reforza a presenza do Instituto en Galicia e permítenos achegar formación especializada a un tecido empresarial e financeiro que está crecendo e demandando perfís cada vez máis preparados. Facilitar ese acceso é esencial para seguir avanzando en profesionalización e competitividade”, destaca Inés Salcines, presidenta da delegación do Instituto Español de Analistas en Galicia.