Axudas para a ‘volta ao cole’ en Galicia: bonos para material, matrículas gratuítas e desgravacións fiscais

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, sinala que nos últimos catro anos o Goberno galego mobilizou máis de 100 millóns de euros en axudas directas ás familias para a volta ao cole.

Visita del conselleiro de Educación, Román Rodríguez, ala librería Clip de Pontevedra

Visita del conselleiro de Educación, Román Rodríguez, ala librería Clip de Pontevedra

Ampliación do bono material escolar, matrículas gratuítas e as desgravacións fiscais coas que as familias galegas poderán beneficiarse na declaración do IRPF de 2026. Son algunhas medidas do Executivo galego destacadas polo conselleiro de Educación, Román Rodríguez, este mércores durante a súa visita á librería Clip en Pontevedra.

O conselleiro tamén sinalou que nos últimos catro anos o Goberno galego mobilizou máis de 100 millóns de euros en axudas directas ás familias para a volta ao cole. “O que supón un incremento desde o curso 2022-2023 de máis dun 25 %, e máis de 100.000 novos beneficiarios nos últimos catro anos”, destacou.

Rodríguez incidiu especialmente na nova desgravación fiscal que vai dirixida ás familias con rendas per cápita superiores a 10.000 e ata 30.000 euros, que ata agora quedaban fóra das axudas que operan para rendas inferiores a 10.000 euros. A desgravación cubrirá o 15% do facturado, cun máximo de 105 euros por fillo e estímase que suporá un aforro estimado de 6,3 millóns de euros a unhas 60.000 familias.

Outras axudas

Pola súa parte, o propietario da Librería Clip remarcou ao conselleiro as súas “boas sensacións” polo inicio da campaña escolar que están vivindo “con moita ilusión, estamos moi contentos”.

Esta valoración ten moito que ver con outra “gran novidade” deste curso que é a incorporación do alumnado de E-Dixgal ás axudas de libros de texto dentro da aposta da Xunta de Galicia por avanzar nun modelo de “ensinanza híbrida” que combine o papel e as novas tecnoloxías no proceso de aprendizaxe.

Segundo explicou o libreiro, “a implantación dos libros de texto en quinto e sexto de primaria, que antes era todo tecnolóxico coas tablets, foi un aliciente que nos deu un pouquiño de vida ás librarías”.

“Estamos empezando a vender con moita máis normalidade”, asegurou, incidindo en que coa volta do libro de texto “volven a reactivarse as librarías”.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta