Cinco empresas concentraron en 2025 case a metade das exportacións de Galicia

O sector téxtil e o automovilístico acumulan o 45,7% das vendas galegas a terceiros países, un punto e medio por riba do rexistrado o ano anterior.

Cuadro con las exportaciones gallegas en 2025

Fonte: Informe Conxuntura Socioeconómica Foro Económico de Galicia

En 2025 cinco empresas concentraron o 44% das exportacións en Galicia. Este dato ascende ao 53,1% se se teñen en consideración as dez primeiras compañías exportadoras da comunidade. En ambos os casos, trátase dos datos máis elevados desde o ano do estalido da pandemia. No conxunto de España, estes porcentaxes sitúanse no 9,1% e o 13,9%, respectivamente.

Son algúns dos datos recollidos no Informe de Conxuntura Socioeconómica do Foro Económico de Galicia, presentado este martes en Santiago e elaborado por José Francisco Armesto, Patricio Sánchez e Santiago Lago Peñas con Fernando González Laxe como coordinador.

En canto á evolución dentro da comunidade, en 2008 as cinco primeiras empresas concentraban o 47,9% das exportacións fronte ao 43,5% de 2019, mentres que no caso das dez primeiras os porcentaxes situábanse no 53,9% e o 52,2%.

Fonte: ICEX

Tras a crise sanitaria provocada polo Covid-19 estes porcentaxes reducíronse considerablemente. Segundo datos do ICEX, no caso das cinco primeiras exportadoras, o porcentaxe sobre o total do comercio exterior situábase no 38,8% en 2022, cifra que se incrementou ata o 41,7% un ano máis tarde e ao 43,3% en 2024. 

No caso das dez primeiras empresas o patrón repítese. En 2022 o porcentaxe acumulado de exportación reduciuse ata o 47,3%. A partir de aí comezou a tendencia ascendente ata acadar o 50,2% en 2023 e o 52,3% en 2024.

En termos xerais, as exportacións na comunidade mantivéronse en 2025 practicamente igual que o ano anterior, cun lixeiro retroceso do 0,3%, acadando os 30.938,9 millóns. Respecto ao conxunto do Estado, o comercio exterior galego representa o 8% do total. 

Exportacións por países 

“A elevada concentración xeográfica sectorial e empresarial segue a caracterizar as exportacións galegas. A Unión Europea concentra o 70,3% das exportacións, con 21.743,1 millóns, tres décimas menos que o ano anterior. Xunto a este destino o 6,9% das vendas a terceiros países diríxense ao continente africano (2.140,6 millóns), un 6,2% a América (1.931,5 millóns), e outro 3,6% a Asia (1.115,7 millóns)”

Explica o Foro Económico no informe que os cinco primeiros destinos das exportacións concentraron en 2025 case o 52% do total, máis dun punto porcentual por debaixo do rexistrado o ano anterior. No caso dos dez primeiros países, este porcentaxe elévase ao 74,5%, unha cifra moi próxima ao 75% do ano anterior. 

O principal destino continúa a ser Francia, por diante de Portugal, Italia, Polonia e Alemaña. Fóra da Unión Europea, o principal destino é Turquía, que experimentou un crecemento do 28,1%, situándose no sexto destino das empresas exportadoras da comunidade, mantendo Reino Unido e Marrocos entre os dez primeiros. 

Distribución por sectores

Por sectores, en 2025 tamén se rexistrou un aumento da concentración ata o punto que os “cinco primeiros capítulos exportadores acumularon no último ano o 60,6% das vendas a terceiros países, ascendendo este porcentaxe ata o 74,1% se se consideran os dez primeiros destinos, niveis superiores aos rexistrados no ano anterior (59,2% e 73,2%, respectivamente)”. 

Tendo en conta o desagregamento por sectores económicos, os cinco primeiros concentran o 65,1% das exportacións, máis dun punto e medio por encima do rexistrado en 2024. O sector téxtil revalida a súa posición como o máis importante, cun crecemento do 1,3% ata os 7.322,3 millóns, o que supón o 23,7% do total de exportacións da comunidade (catro décimas máis que o ano anterior). 

O segundo dos sectores é o automobilístico, no que as vendas aumentaron un 5,2% respecto ao ano anterior, acadando os 6.825,1 millóns, un 22,1% das exportacións totais, case un punto por encima do 2024. 

“En conxunto estas dúas ramas de actividade concentran o 45,7% das vendas galegas a terceiros países, un punto e medio por encima do rexistrado do ano anterior. O peso relativo das exportacións pesqueiras, tras un crecemento do 7,9%, ascende ata o 9,8%, o que supón oito décimas máis que en 2024”, sinala o informe.

Comenta el artículo
Avatar
Sigue al autor

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp