Feijóo: “Non se pode gobernar a España do 2026 con uns orzamentos para saír da pandemia”
O expresidente da Xunta e líder do Partido Popular criticou a "parálise orzamentaria" que vive o país e sostén que "xamais en case 50 anos de democracia, un presidente do Goberno foi capaz de non aprobar o orzamento e non convocar eleccións"

Alberto Núñez Feijóo durante su ponencia en la séptima edición del Foro La Toja – Vínculo Atlántico
O líder do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, criticou este venres na segunda xornada da sétima edición do Foro La Toja – Vínculo Atlántico a “parálise orzamentaria” que vive o país. “Non se pode gobernar a España do ano 2026 con uns orzamentos que estaban deseñados para saír da pandemia”, apuntou o tamén expresidente da Xunta quen recalcou que “xamais en case 50 anos de democracia, un presidente do Goberno foi capaz de non aprobar o orzamento e non convocar eleccións”.
Durante a súa ponencia nas xornadas, que se celebran ata este sábado na Illa da Toxa (O Grove) apuntou que mentres o mundo fala dunha nova orde, “en España nin sequera somos capaces de ordenar as contas”. O resultado disto, sumado a outras “anomalías” como a “colonización das institucións” realizada polo Executivo de Pedro Sánchez, é o “deterioro paulatino e evidente”.
“O deterioro das institucións, dos servizos públicos, da calidade de vida, da imaxe do país, das perspectivas do futuro e tamén o deterioro da convivencia”. Precisamente na “tensión social” quixo facer un especial fincapé o xefe de filas dos populares que sinalou que non se trata de “unha consecuencia colateral” senón dunha “estratexia deliberada”.
Noticia en ampliación