Lorenzana reivindica o papel do sector forestal en Galicia: “Representa o 12% do emprego industrial”

A Xunta asina un acordo coa Fundación Arume que permitirá o desenvolvemento de accións de dinamización e promoción do sector a través de encontros, xornadas e material divulgativo.

La conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, en la firma del convenio de colaboración con la Fundación Arume

La conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, en la firma del convenio de colaboración con la Fundación Arume. Xunta

María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía, destacou o papel do sector forestal en Galicia, que “representa o 12% do emprego industrial” na comunidade e o 2% do emprego total na comunidade cunha facturación por riba dos 2.400 millóns de euros anuais.

Así o indicou este martes durante a sinatura do convenio de colaboración coa Fundación Arume, acordo que permitirá desenvolver accións de dinamización e promoción do sector a través de encontros, xornadas e material divulgativo.

Lorenzana lembrou que o sector forestal acolle a cerca de 3.000 empresas distribuídas por toda a xeografía galega. Tamén destacou o esforzo do Executivo galego para reforzar esta industria a través dun programa de axudas que nos anos 2024 e 2025 levan destinados máis de 14 millóns.

Entre outros proxectos, estes programas axudaron a impulsar iniciativas que empregan madeira como elemento estrutural ou apoios para a valorización de empresas de primeira e segunda transformación da madeira.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta