O Foro Económico vaticina un crecemento do PIB galego de preto do 3% en 2025.
O informe de conxuntura socioeconómica do segundo trimestre de 2025 destaca un crecemento prolongado, constante e sólido, pero "zigzagueante".

El Foro Económico presenta su informe de coyuntura sobre Galicia
“Prolongado, constante e sólido”. Así cualificou o Foro Económico de Galicia o crecemento da comunidade nos últimos meses, algo que os leva a estimar que este 2025 pechará o ano cun incremento no seu produto interior bruto (PIB) próximo ao 3% co que despediu o 2024 “pero por debaixo” desta cifra.
Os economistas do Foro presentaron o informe de conxuntura socioeconómica correspondente ao segundo trimestre de 2025. O seu coordinador, Fernando González Laxe, foi o encargado de definir a evolución da economía galega durante este período: “cun crecemento prolongado, constante e sólido”, pero “zigzagueante”.
Este “zig-zag”, que significa que por momentos se achegou e por momentos se afastou da evolución da economía española, débese, segundo González Laxe, ao comportamento da inversión privada e pública en Galicia, que subiu, e ao aumento tamén do consumo dos fogares. Pola súa banda, as exportacións baixaron a súa contribución na comunidade, mentres que España creceu con base nas vendas ao exterior.
Do lado da oferta, o economista e expresidente da Xunta destacou dous sectores: a construción, que crece por riba da media en Galicia, e a industria manufacturera—co caso específico do aluminio e empresas como Megasa e Cortizo—.
No caso do consumo e o gasto dos fogares, sinalou que o seu menor incremento débese aos salarios, que presentan un “certo retraimento” e, desde unha perspectiva keynesiana, abogou por subir en empresas medianas e grandes. “Se as empresas optasen por subir salarios, o efecto multiplicador sería inmenso”, afirmou.
En canto ás exportacións, comentou que Galicia segue incrementando as súas vendas fóra de automóbiles, produtos químicos e compoñentes de coches; en cambio baixan os produtos petrolíferos e o material de transporte coa circunstancia concreta de que o porto da Coruña é o que rexistra un peor comportamento no que vai de ano.
Bó comportamento da economía galega
Pola súa banda, o director do Foro, Santiago Lago, valorou o “sorprendente” do bó comportamento xeral da economía galega nun momento de incerteza, e atribuíuno a unha maior resiliencia despois da crise da pandemia da covid.
Así as cousas, valorou que Galicia “non ten desequilibrios” como si houbo no pasado, cando se xestaron as crises da construción e financeira, aínda que advertiu de que “o que está a pasar coa vivenda preocupa”, e explicouno cun “desaxuste” entre oferta e demanda. “Ahí hai que intervir”, dixo.
A continuación, a preguntas dos xornalistas, Lago constatou que “cada día que pasa parece máis difícil” que o proxecto de Altri pensado para Palas de Rei (Lugo) saia adiante, con sensibilidades distintas dentro do Foro —sen posición común—. En calquera caso, o ‘think tank’ opina que “non ten ningún sentido” dicir “non a todo” e tampouco “si a todo”.
Por último, sobre os orzamentos da Xunta, que se presentarán nas próximas semanas, Laxe indicou que, ao seu xuízo, deberían facer fincapé en tecnoloxía, “en sentido amplo”: loxística, biotecnoloxía, tecnoloxía de alimentos, tecnoloxía da construción… son algúns dos que puxo como exemplo. Tamén abogou por maior coordinación dos centros de investigación.
Pola súa banda, Lago incidiu en que é “fundamental avaliar resultados” das políticas públicas, fronte á “tentación da inercia”.
Evolución positiva do mercado de traballo
O economista José Francisco Armesto Pina expuxo a parte do informe relativa ao mercado de traballo, na que tamén resaltou unha evolución positiva, sobre todo entre a poboación feminina.
No segundo trimestre, chamou a atención, “mellora a calidade do emprego”, toda vez que “todo o creado é indefinido”, e por primeira vez desde hai anos a taxa de paro entre mulleres está por debaixo da de homes.
A contratación de mulleres focalizouse sobre todo nun nivel formativo elevado, en servizos sanitarios e servizos sociais, sector inmobiliario, financeiro e actividades profesionais, entre outros.