O Goberno enviará a Galicia “todos os medios posibles” para facer fronte aos incendios.

O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, chamou á conselleira do Medio Rural, María José Gómez, despois da carta na que esta lle demandaba unha maior dotación de medios.

ncendio forestal se acerca a Vilela, a 15 de agosto de 2025, en Vilela, Cualedro, Monterrei, Ourense, Galicia

ncendio forestal se acerca a Vilela, a 15 de agosto de 2025, en Vilela, Cualedro, Monterrei, Ourense, Galicia. Rosa Veiga / Europa Press

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, revelou que este venres recibiu a chamada do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, para interesarse pola situación dos incendios que asolan Galicia desde hai días e que se comprometeu a enviar todos os medios posibles para facer fronte aos lumes.

“Reitereille a necesidade de contar con todos os medios posibles e comprometeuse a que o ministro do Interior contactará coa Xunta para facelo efectivo”, trasladou o xefe do Executivo autonómico, no seu perfil da rede social ‘X’. “Agradezo a chamada e espero que se materialice canto antes”, aseverou.

Grande-Marlaska, chamou á conselleira do Medio Rural, María José Gómez, tras a carta na que esta lle demandaba unha maior dotación de medios e contemplar a posibilidade de desprazar a Galicia a efectivos do Exército para combater os lumes.

Fontes do Medio Rural, consultadas por Europa Press, confirmaron que o ministro contactou coa conselleira esta tarde e que lle trasladou que, no caso do Exército, a Unidade Militar de Emerxencias (UME), ten capacidade de mobilizalo e é a que correspondería dar o paso.

Sobre o resto de cuestións e demandas do Goberno que dirixe Alfonso Rueda, as fontes consultadas sosteñen que non se pronunciou.

O Goberno galego fixo votos para poder ter canto antes sobre o terreo aos efectivos do Exército, sen que sexa preciso ir “de ventanilla en ventanilla”.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta