O transporte de viaxeiros na Coruña reclama melloras salariais e plantexa unha folga indefinida despois do Nadal.

Os traballadores denuncian xornadas laborais "maratonianas" e sosteñen que, aínda que se traballen “sete ou oito horas”, teñen que estar “a disposición quince, tirados polas paradas”

Protestas de representantes del sector del transporte de viajeros por carretera de la provincia de A Coruña. CIG

Protestas de representantes del sector del transporte de viajeros por carretera de la provincia de A Coruña. CIG

Representantes do sector do transporte de viaxeiros por estrada da provincia da Coruña mobilizáronse este luns para reclamar a negociación do convenio colectivo con melloras salariais e sociais e advirten que se a situación non se soluciona, á volta do Nadal plantexarán unha folga indefinida.

“Vai haber un problema de mobilidade en decembro con catro xornadas de folga — aínda en datas por determinar –, evidentemente vai haber un problema para a cidadanía”, adiantou o representante da CIG na mesa de negociación, Ernesto López, en declaracións aos medios.

“E se non funciona, á volta do Nadal plantéxase unha folga indefinida”, advertiu, ante unha situación que afecta ao transporte regulado polo convenio provincial de viaxeiros da Coruña.

Así, arredor de 200 delegados e delegadas do sector, convocados polos sindicatos CIG, UGT e CCOO, percorreron as rúas da cidade herculina desde as 11.00 horas tras unha pancarta que poñía ‘Respecto e saúde laboral para o condutor profesional’.

Percorreron as rúas desde a estación de autobuses ata en Entrexardíns, nunha manifestación de máis dunha hora con cortes de tráfico e sen incidencias.

“A Xunta ten que tomar cartas neste asunto antes de que o problema estoupe”, esixiu López para recalcar que “se hai un parón na mobilidade, os responsables son eles, non se poden poñer de perfil, teñen que mediar neste conflito”.

Respecto diso, denunciou que “a última negociación é de hai sete anos” e o convenio “está obsoleto, leva cinco caducado”. “Hai que adaptalo ás novas reformas do estatuto, hai moitas cousas que modernizar”, insistiu.

Peticións dos traballadores

Entre elas, citou xornadas laborais “maratonianas” e “uns mínimos de seguridade que teñen que ser pactados”, así como que “se limite o tempo a dispoñibilidade”. “Traballas sete ou oito horas e estás a disposición 15, tirado polas paradas”, sinalou.

Tamén reclamou unha subida salarial “digna”. “O IPC ten que estar garantido, en vista de que está totalmente desbordado, máis un diferencial que se pacte, non lle poñemos agora números”, explicou tras expoñer que na actualidade o salario medio para un condutor sen antigüidade “é de 1.300 euros”.

“A responsabilidade é grande e o salario é pequeno”, criticou para lamentar que “a patronal propón un 1,2% de subida salarial que é practicamente unha convocatoria de folga”.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta