Posta de longo no Festival de San Sebastián do “maior estudio de produción virtual de España”

A Deputación da Coruña presenta no Festival de San Sebastián o proxecto Coruña Estudio Inmersivo, que "conecta dous sectores clave para o futuro de Galicia: o audiovisual e o tecnolóxico".

El presidente de la Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, presenta en San Sebastián el CEI, Coruña Estudio Inmersivo, el mayor estudio de producción virtual de España

El presidente de la Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, presenta en San Sebastián el CEI, Coruña Estudio Inmersivo, el mayor estudio de producción virtual de España. Foto: Deputación da Coruña

O Festival de San Sebastián acolleu este domingo a presentación, por parte da Deputación da Coruña e Pedralonga Estudios, do Estudio Inmersivo da Coruña (EIC), “o maior estudo de produción virtual de España, chamado a liderar a nova xeración de producións audiovisuais en Europa”.

O acto, celebrado no hotel María Cristina da capital donostiarra, contou coas intervencións do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e do presidente do Clúster Audiovisual Galego (CLAG), Alfonso Blanco, ante responsables de plataformas e televisións como Netflix, Amazon Prime Video, Movistar+, RTVE, Mediaset, Atresmedia, entre outras.

Sectores clave

Durante a súa intervención, González Formoso destacou que o EIC “conecta dous sectores clave para o futuro de Galicia: o audiovisual e o tecnolóxico” e insistiu en que este proxecto “reforzará a capacidade de Galicia para atraer producións nacionais e internacionais”.

“O EIC representa moito máis que unha aposta tecnolóxica, xa que é, sobre todo, unha gran aposta polo talento creativo de Galicia, na capacidade do seu sector audiovisual para reinventarse e buscar novas formas de contar historias que conectan co mundo”, defendeu o presidente provincial.

Así mesmo, asegurou que “Galicia, e a provincia da Coruña en particular, contan cunha industria sólida, con produtoras valentes e profesionais altamente cualificados que levan anos creando contidos de éxito que conectan coa audiencia nacional e internacional”.

Un paso máis

Nesta liña, insistiu en que o EIC permitirá “dar un paso máis” ao situar a Galicia como “referente estatal e europeo en tecnoloxía de produción virtual”. Pola súa banda, o presidente do Clúster Audiovisual Galego, Alfonso Blanco, subliñou que o impulso desta infraestrutura “beneficiará a toda a industria nacional de rodaxes e de produción”.

Ademais, a presidenta de Pedralonga Estudios, a xornalista Fernanda Tabarés, referiuse ás “vantaxes competitivas” do EIC, en concreto, detallou que este conta cunha extensión total superior aos 2.000 metros cadrados nos que hai “un plató virtual de 750 metros cadrados cunha led wall de 28×6 metros e 1,9 pixel pitch de definición”, así como recursos técnicos cos que o centro aspira a “posicionarse á vangarda da produción virtual europea”.

Con todo, a Deputación da Coruña detallou nunha nota de prensa que a esta infraestrutura sumaranse ao longo de 2026 dous novos platós de 2.500 e 2.000 metros cadrados actualmente en construción, concebidos para “atender a produción audiovisual de maneira integral coa súa dotación de instalacións adicionais”.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta