Santiago Lago destaca na OCDE os avances de Galicia “na xestión dos riscos con impacto nas súas contas públicas”

Santiago Lago-Peñas presenta na OCDE os avances de Galicia na identificación, seguimento e xestión de riscos con impacto orzamentario. Galicia é a única comunidade autónoma española analizada pola OCDE, o que supón un recoñecemento internacional á relevancia do seu marco de xestión orzamentaria e á solidez das súas prácticas de control do gasto.

Santiago Lago en la OCDE

A sede central da OCDE en París acolleu a presentación de Galicia como estudo de caso en xestión de riscos fiscais subnacionais. A intervención correu a cargo de Santiago Lago-Peñas, director de EconLabGalicia, quen expuxo os resultados dun traballo elaborado para a Organización xunto a María Cadaval-Sampedro, Xoaquín Fernández-Leiceaga e Alejandro Domínguez-Lamela.

Durante a súa intervención, o director de EconLabGalicia, subliñou que Galicia conta con activos diferenciais para afrontar riscos con impacto sobre as contas públicas. Entre eles destacan unha traxectoria de cumprimento fiscal comparativamente sólida, un nivel de débeda reducido en comparación con outras administracións subnacionais e un conxunto de mecanismos operativos que permiten identificar, monitorizar e mitigar riscos orzamentarios relevantes. Con todo, tamén sinala os factores de risco que condicionan as finanzas galegas: a súa elevada responsabilidade de gasto, especialmente en sanidade, coidados de longa duración e outros servizos públicos esenciais, combinada cunha capacidade limitada para controlar as súas principais fontes de ingresos. A comunidade autónoma depende en gran medida de impostos compartidos e transferencias do Estado, polo que as perturbacións macroeconómicas ou os cambios normativos nacionais poden ter efectos significativos sobre os seus ingresos e obrigas de gasto.

A estes riscos súmanse factores estruturais idiosincráticos como o envellecemento da poboación, a dispersión territorial e o despoboamento rural, que elevan o custo unitario da prestación dos servizos públicos. O informe tamén identifica riscos climáticos, como incendios, temporais e inundacións.

A avaliación presentada ante a OCDE destaca que Galicia dispón dun marco de xestión fiscal razoablemente sólido. A Consellería de Facenda, a través dos seus órganos orzamentarios e financeiros, elabora escenarios de medio prazo, xestiona o fondo de contixencia e realiza seguimento da execución orzamentaria. Á súa vez, a Axencia Tributaria Autónoma (ATRIGA), a tesouraría, a intervención xeral e os organismos sectoriais contribúen ao control de riscos de ingresos, liquidez, garantías, litixios, contratos público-privados, riscos sanitarios e emerxencias naturais.

Entre as oportunidades de mellora, o estudo recomenda avanzar desde as competencias e capacidades parciais á gobernanza integral para reforzar a resiliencia fiscal da comunidade. O punto de partida debería ser unha maior integración da información dispoñible mediante unha declaración anual de riscos fiscais que reúna, priorice e cuantifique os principais riscos con impacto orzamentario. Esta ferramenta permitiría conectar mellor a identificación de riscos coa planificación orzamentaria plurianual e reforzar a transparencia ante a cidadanía, o Parlamento e os mercados. Así mesmo, recoméndase mellorar a cuantificación de escenarios de estrés fiscal asociados a shocks macroeconómicos, pasivos contixentes e eventos climáticos extremos. O estudo tamén subliña a importancia de reforzar a coordinación intergobernamental en España, especialmente en ámbitos como o sistema de financiación autonómica, as entregas a conta e a coordinación ex ante de decisións con impacto fiscal sobre as comunidades autónomas.

Comenta el artículo
Sigue al autor

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp