A miopía da Zona Franca de Vigo cos grandes grupos empresariais galegos

Casos como os de Inditex, Gadisa, San José, Finsa, Luckia, Ecoener, Plexus, Trison ou Greenalia, entre outros, serven para ilustrar erros e imprecisións que presenta o último informe Ardán na consolidación dos grandes grupos empresariais galegos

Se o Consorcio da Zona Franca de Vigo recorre aos seus propios informes para tomar decisións cometerá máis dun erro. E serán de volume. O “esforzo conxunto do equipo técnico do consorcio e de investigación da Cátedra Ardán da Universidade de Vigo” ao que fai alusión David Regades, o delegado do organismo, na presentación do último Informe Ardán non parece suficiente para evitar casos que serven para ilustrar erros e imprecisións na consolidación dos grandes grupos empresariais galegos que ofrece o traballo. Entre outros, destacan os de Inditex, Gadisa, San José, Finsa, Luckia, Ecoener, Plexus, Trison ou Greenalia.

O traballo, que se edita anualmente, leva por título “Ardán Galicia 2025, informe económico e de competitividade”, e está armado sobre unha mostra representativa en 2023 de máis de 44.000 empresas galegas. O volume de negocios obtido ascendeu a 139.463 millóns de euros e a riqueza xerada (valor engadido bruto) foi de 33.479 millóns de euros.Un dos apartados que mostran a maior representatividade empresarial, a través dos grupos consolidados, e que dá idea do peso real das grandes corporacións galegas, presenta inexactitudes facilmente chequeables nas mesmas fontes ás que alude o informe.

Casos reveladores

O estudo presenta dous rankings das 25 principais empresas galegas (por ingresos e por riqueza xerada) a partir das contas de resultados e balances individuais das compañías, o que propicia que un mesmo grupo teña doce compañías entre esas 25 seleccionadas, caso de Inditex. Ambos rankings identifican con distinta sorte os grupos aos que pertencen esas compañías (coloca a Sacyr como propietaria de Audasa). Os problemas e as imprecisións chegan cando se presenta outro ranking, a priori máis revelador, o dos grupos consolidados. Algunhas mostras.

Ecoener, sen ir máis lonxe, intégrase dentro dun grupo do que é sociedade dominante Luis de Valdivia SL, que prepara e formula contas anuais consolidadas que se atopan depositadas no Rexistro Mercantil da Coruña, como explica a propia compañía. Pois ben, o ranking da Zona Franca, cos depósitos consolidados das compañías, coloca no posto 115 a Luis de Valdivia SL e no 116 ao Grupo Ecoener. A ambas outórgalles a mesma cifra de negocios e a Luis de Valdivia atribúelle 104 sociedades no seu perímetro de consolidación e a Ecoener, 99, nunha clara mostra das duplicidades que se xeran no ranking.

De Inditex a Gadisa ou Finsa

Máis casos. Só entre os dez primeiros grupos que presenta o cadro que acompaña ao informe, e que reproduce Economía Digital Galicia, hai catro situacións similares. Trátase de Pontegadea…

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta