Abanca gaña 670 millóns ata setembro, un 5% máis, e crece en España e Portugal
O marxe de intereses máis as comisións, que é o 'core' do negocio financeiro, crece no caso de Abanca nos nove primeiros meses un 1,5%, ata os 1.475 millóns.
Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca, interviene durante una jornada de finanzas sostenibles organizada por la entidad / Abanca
Abanca obtivo nos primeiros nove meses do ano un beneficio atribuído de 670,4 millóns de euros, cunha rentabilidade ROTE do 15,1%. O resultado obtido baséase no crecemento eficiente do negocio e na boa xestión do balance, segundo destaca a entidade. Ese beneficio atribuído supón un crecemento do 5% sobre os 638,4 millóns que gañara nos primeiros nove meses do ano pasado, cando integrou o luso Eurobic.
O marxe básico de Abanca crece un 1,5%, ata os 1.475 millóns, fronte aos 1.453,3 millóns do ano pasado. Ese marxe básico, que vén ser a suma do marxe de intereses máis as comisións, o core do negocio, apoia precisamente nos ingresos por prestación de servizos, que avanzan un 14,3%, ata os 275,2 millóns. O marxe de intereses (a diferenza entre o que cobra polos créditos e o que paga polos depósitos dos clientes) situouse en 1.199 millóns, cunha caída do 1,1%.
Créditos e depósitos
A entidade elevou o seu volume de negocio por riba dos 134.000 millóns de euros, cun crecemento interanual do 5.6%. “O negocio móstrase robusto nos seus principais mercados, España e Portugal, que continúan ofrecendo boas perspectivas económicas”, di Abanca. Ese volume de negocio ao que fai referencia Abanca é o resultado da suma dos recursos totais de clientes (sobre todo depósitos), con 81.758 millóns, e o crédito á clientela, que sumou nos nove primeiros meses uns 52.520 millóns.
En concreto, o volume de crédito á clientela en situación normal situouse en 52.152 millóns de euros, cun crecemento do 6,3% en termos interanuais. O crédito á clientela está centrado de maneira clara no sector privado, coas empresas, co 45% do total, e os particulares, co 39%, como os seus destinatarios fundamentais.
Clientes e morosidade
A captación de recursos de clientes mostrou un comportamento similar: alcanzou un total de 81.758 millóns de euros tras crecer un 5,2% respecto a setembro de 2024. Na estrutura de recursos de clientes do banco, o 77% do total corresponde a saldos á vista e a prazo, mentres que o 23% restante a recursos fóra de balance.
A entrada de novos clientes (máis de 88.000 en España e por riba dos 30.000 en Portugal) traduciuse nun incremento do 1,5% nos depósitos minoristas.
Como en trimestres anteriores, Abanca continúa reducindo a súa taxa de morosidade e mantendo amplos niveis de cobertura. Os saldos dubidosos diminuíron nun 11,1% interanual, co que a morosidade quedou situada no 2,2% (2,2% España e 2,4% Portugal). A taxa de cobertura destes activos creceu ata o 81,8%, 8 puntos porcentuais máis que a media do sistema.