Ángel Viña, CEO de Denodo: “A nosa sede está en Silicon Valley, pero A Coruña é fundamental no negocio”
O conselleiro delegado e fundador da compañía de xestión de datos indica que nos plans da firma sempre estivo a saída a bolsa que se fará cando o grupo teña "a dimensión adecuada".

Ángel Viña, fundador y CEO de Denodo. Foto: Denodo
Denodo cumpre 25 anos. Un cuarto de século que foi unha viaxe desde o seu xerme na Universidade da Coruña até Silicon Valley, onde contan coa súa sede desde 2006. Ángel Viña, CEO e fundador da compañía de xestión de datos, repasa en conversa con Economía Dixital Galicia como foi o salto a Palo Alto e o desembarco dos grandes fondos no seu capital. Coa mirada posta nunha futura saída á bolsa e co gran desafío da integración da IA, o antigo profesor universitario deixa claro que a cidade herculina segue sendo unha parte fundamental do negocio. Non en van, o 85% do produto ten selo galego.
-Vintecinco anos de Denodo… ¿En que momento está agora a compañía?
-Estamos nun momento fascinante, crecendo cun despregue internacional fantástico, con clientes que son empresas punteiras nas súas verticais. Temos presenza en 46 países en todo o mundo e traballamos con empresas globais de complexidade nas súas estruturas de información, usuarios moi sofisticados en canto a datos, polo que tamén aprendemos moito deles. Temos unha tecnoloxía líder e un equipo con moitísimo talento, incluído claro o noso equipo de produto aquí na Coruña, e unha base de clientes moi sofisticada que, como digo, axúdanos a seguir avanzando na complexidade dos datos.
-Naceron na Coruña no ano 1999 pero en 2006 trasladaron a súa sede a Silicon Valley. ¿Como e por que se produce ese salto?
-No mundo da tecnoloxía é un movemento que non é tan raro. O mundo do software é un mercado moi global onde os produtos que todos usamos nas nosas profesións, produtos como digo moi globais, saen dunha mao de provedores que controlan ese mercado cunha involucración moi alta de empresas radicadas en Silicon Valley, en California. Alí hai un sistema que favorece o apoio á escala destes proxectos. E iso é o que fixemos nós. Unha vez que estaba validada a tecnoloxía e que vimos que era diferencial, tiñamos que conseguir levar isto á escala, facelo global. Nese momento decidimos apostar por esta vía e creo que foi acertado. Ese salto axudounos a atopar financiación, a construír branding e credibilidade para a empresa e a atopar talento global.
-Con todo, A Coruña segue tendo un peso significativo no seu negocio.
-A Coruña é fundamental para Denodo. Todas as áreas da empresa teñen representación aquí pero hai unha que é moi significativa que é o produto. O noso produto expórtase desde aquí e mais do 85% prodúcese aquí. Temos colaboracións externas doutras oficinas, pero o núcleo principal da tecnoloxía está aquí.
-Xa que falamos de EEUU, ¿Como lles afecta o tema arancelario?
-Non nos impacta porque a efectos de exportación non estamos suxeitos ás leis americanas porque facemos o produto aquí. En todo caso, por suposto que este tema dos aranceis é serio e pode afectar a moitas empresas xa que fas as túas proxeccións de negocio baseándote en unhas normas estables que che permiten facer o teu negocio predecible, pero esta volatilidade co tema dos aranceis xera caos.
“O noso produto expórtase desde aquí e máis do 85% prodúcese aquí. Temos colaboracións externas doutras oficinas, pero o núcleo principal da tecnoloxía está aquí”
-Foi en 2023 cando recibiron unha inxección de máis de 400 millóns por parte do fondo TPG. ¿En que se traduciu esta entrada? No seu momento falouse da súa saída á bolsa…
-Obviamente unha inxección como esta dános máis credibilidade, fortaleza financeira, axuda tamén a dar imaxe de estabilidade. ¿Planes de saír á bolsa? É algo que estivo sempre contemplado e faremos cando a empresa teña a dimensión axeitada e os ratios tamén axeitados. Xa veremos cando chega ese momento, pero temosno contemplado.
-Será un salto á bolsa española ou en Estados Unidos?
-D iso non falamos en concreto, do que si acordamos cos nosos investidores é un plan para prepar…