Audasa gaña un pulso ao Goberno no Supremo por case 35 millóns en peaxes en sombra da AP-9

A Sala do Contencioso do Tribunal Supremo dá a razón a Audasa fronte aos avogados do Ministerio de Fomento, que planteaban que o conflito polos peaxes en sombra de cinco anos se acumulase con outro proceso aberto na Audiencia Nacional.

Óscar Puente, en la inauguración del tramo Palas de Rei-Melide, en la autovía entre Santiago y Lugo

O ministro de Transportes, Óscar Puentes, durante a posta en servizo do penúltimo tramo da A-54, entre Palas de Rei e Melide. Foto: Ministerio de Transportes

Os xestores e avogados da concesionaria da Autoestrada do Atlántico atópanse bastante máis cómodos se a súa relación coas administracións transita polos corredores dun xulgado ou tribunal que pola alfombra dun despacho. Audasa, pertencente a Itínere, como entidade emisora, que non cotizada, cumpre o xusto coa CNMV nas súas comunicacións oficiais, pero prodíganse en causas xudiciais se hai millóns de euros en xogo. E faino con bastante éxito.   

O último caso dunha longa lista está no Tribunal Supremo, onde Audasa gañou o pulso ao Goberno por case 35 millóns de euros en peaxes en sombra da AP-9, correspondentes a Rande e A Barcala. Nun recente auto, de finais de xuño, a Sala do Contencioso Administrativo do Supremo dá a razón a Audasa fronte á Avogacía do Estado, que plantexaba que o conflito polos peaxes en sombra de cinco anos se acumulase con outro proceso aberto na Audiencia Nacional.

Peaxes de cinco anos

O auto da sección cuarta da Sala do Contencioso, ao que tivo acceso Economía Digital Galicia, sinala que o proceso parte dun recurso plantexado previamente pola concesionaria, e denegado en vía administrativa polos avogados do Ministerio de Fomento. Audasa reclama parte dos peaxes en sombra (o 50% do total) correspondentes aos exercicios 2020, 2021, 2022, 2023 e 2024, por un importe total de 34,7 millóns de euros, máis os seus intereses legais. Tratábase da parte, a metade, dos peaxes en sombra de Rande e A Barcala da AP-9 que debía asumir o Estado, correspondendo o outro 50% á Xunta.

A administración do Estado respondeu ao recurso pedindo a suspensión do proceso por “prexudicialidade” mentres a sala deste mesmo orde xurisdicional, é dicir a do Contencioso, da Audiencia Nacional resolva o recurso que nela se tramita ou ben a acumulación a este procedemento do seguido ante a Audiencia Nacional. Ningún dos dous supostos encaixaba para o Supremo.

Dous casos distintos

E é que os dous casos non teñen tanto que ver como pretendían facer crer á Sala os avogados de Fomento. De acordo co auto, e como alega a parte recorrente (Audasa), “esa relación ou vinculación de ambos procesos non xustifica a solicitude de suspensión por prexudicialidade ou a acumulación”. “Efectivamente” di, “como pon de relevo a parte recorrente, os procedementos só teñen en común que ambos derivan da mesma concesión administrativa e veñen referidos ás cantías económicas que debe percibir a sociedade concesionaria en aplicación do réxime tarifario da concesión, pero difiren claramente no seu contido”.

A sala do Supremo sinala no seu auto que  “no procedemento seguido ante a Audiencia Nacional, as partes non son as mesmas posto que é a Administración do Estado a que reclama fronte á Administración da comunidade autónoma de Galicia, e tampouco a razón de pedir é a mesma xa que, despois de ter satisfeito a indemnización compensatoria fixada na sentenza desta sala de 2020, o que fai é exercitar un dereito de repetición polo 50% da indemnización satisfeita, que estaba relacionada con peaxes que a administración do Estado debía pagar á sociedade concesionaria polos exercicios de 2017 a 2019”.

Sinala o auto que fundamenta a súa decisión de dar a razón a Audasa que “é unha prestación única por un concepto indemnizatorio derivado dunhas prexuízos orixinados por unha decisión administrativa viciada na orixe, e en virtude dunha sentenza xudicial e o resolto durante a súa execución”. Así, o Tribunal Supremo, ademais de denegar as peticións do ministerio, opta por “continuar coa tramitación ordinaria do proceso”, sen imposición de costas para o Estado.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp