Audasa incrementa o seu beneficio nun 13% e xa gaña máis de sete millóns ao mes coa AP-9

A concesionaria da AP-9 conseguiu uns ingresos por valor de 105 millóns de euros entre xaneiro e xuño e rexistrou uns beneficios de case 45 millóns.

Puente de Rande

Imagen de archivo del puente de Rande / Europa Press

Audasa pisza o acelerador. A concesionaria da AP-9 pechou o primeiro semestre do seu exercicio fiscal 2025 cun novo récord tanto en canto a ingresos como a beneficios.

De acordo coa documentación que a compañía presentou ante a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), a filial do grupo Itínere colleitou unha cifra de negocio por valor de 105,6 millóns de euros nos seis primeiros meses de 2025.

Deste xeito, a firma anota un crecemento do 9,3% que se traslada incluso con maior intensidade ao seu resultado neto. Non en van, o beneficio de Audasa incrementouse un 12,9% respecto ao mesmo período do ano anterior e alcanzou os 44,6 millóns de euros.

Os números da AP-9

Segundo os datos da compañía, polos 219,6 quilómetros da AP-9 rexistráronse un total de 56,6 millóns de viaxes. A intensidade media diaria (IMD) foi de 26.013 vehículos, o que supón un avance do 5,3% respecto ao inicio de 2024.

A AP-9 conta con dous peaxes en sombra (o dos tramos Vigo-O Morrazo e A Coruña-A Barcala) e outros 36,7 quilómetros libres de peaxe (Vigo-Puxeiros, Pontevedra Norte-Pontevedra Sur, Santiago Norte-Santiago Sur, Teis-Vigo, Fene-Ferrol). É por iso que os ingresos aportados pola administración pública achéganse aos xerados cos propios usuarios.

Mentres que a recadación dos clientes retrocedeu de 67,1 a 64 millóns de euros ao longo do último ano, os ingresos procedentes da administración, pola contra, disparáronse de 29,5 a 41,6 millóns de euros co tirón das bonificacións.

Na súa presentación de resultados, Audasa ponde en valor os seus 30 millóns de euros de aportación fiscal ás arcas públicas e destaca os 13 millóns de euros en compras a provedores locais (o 66% do total).

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta