A caravana de R suma novos destinos no seu percorrido por Galicia e chega a Ribadavia, Celanova e Barbadás

A oficina móbil do operador galego partiu a finais de maio con Ortigueira e Cariño; posteriormente desprazouse a Betanzos e As Pontes e está previsto que chegue a outros concellos como Caldas, Ordes, Arzúa, Melide, A Estrada e Cambados.

Caravana de R

Caravana de R

A caravana de R, a oficina móbil que percorre a comunidade nunha aposta polo contacto directo coa xente, xa ten novos destinos. O operador galego partiu a finais de maio para chegar primeiro a Ortigueira e Cariño, en A Coruña, e despois a Betanzos e As Pontes. Desde este martes e ata o 17 de xuño fará paradas coa súa caravana en Ribadavia (9 e 10 de xuño), Celanova (11, 12 e 13 de xuño) e Barbadás (16 e 17 de xuño), e retomará o seu percorrido ata principios de xullo en Caldas, Ordes, Arzúa, Melide, A Estrada e Cambados.

“Galicia é un territorio diverso e extenso, con 313 municipios repartidos pola costa, o interior, as rías e a serra. Esta complexidade orográfica dificulta o acceso aos clientes unicamente a través de oficinas físicas. R é consciente desta realidade galega e, en lugar de esperar a que a xente acuda ás súas oficinas, sae ao seu encontro onde a xente camiña, fala, compra e interactúa”, explican desde a compañía.

Nesta caravana o público pode coñecer as propostas tecnolóxicas de Vivo e os seus terminais, así como descubrir toda a gama completa de servizos avanzados de R, “onde a conectividade é sempre a prioridade”.

Máxima cobertura

Un destes servizos é o de cachocobertura R pensado para vivendas onde a sinal móbil non chega adecuadamente por motivos estruturais como muros moi grosos, sotos, interiores, edificios antigos ou con materiais que atenúan a sinal, e outras ubicadas en zonas de especial complexidade arquitectónica ou urbanística. “Esta solución proporciona cobertura móbil real, grazas ao seu propio repetidor móbil autoinstalable no fogar ou negocio (femtocelda). Ademais, o servizo VoWiFi de R optimiza a cobertura mediante as opcións dispoñibles nos dispositivos para realizar chamadas de calidade en zonas con pouca cobertura móbil pero con rede Wi-Fi operativa”.

Nos próximos días, os habitantes de Ribadavia, Celanova e Barbadás poderán coñecer na caravana os detalles do servizo de internet rural de R, unha solución de banda ancha vía 5G (co “mambo Axiña”) que ofrece alta velocidade e Wi-Fi 6 ás poboacións de vilas e localidades onde non é posible instalar fibra óptica. “Ao redor de 300 municipios galegos xa contan con este servizo e poden gozar de velocidades de ata 1 Gbps, usar varios dispositivos simultaneamente, teletraballar ou ver a televisión coa máxima calidade”.

A oficina móbil do operador galego chega con outras propostas como «un papel que vale un agasallo» na que, grazas a unha máquina que lanza papeis ao aire, quen atrape un poderá gañar un premio directo e participar no sorteo dun reloxo intelixente de Vivo

“Vivo é unha das tecnoloxías máis innovadoras do mundo e socio tecnolóxico de R na ruta galega coa caravana «airstream» máis vangardista, viaxa desta vez cunha oferta especial, exclusiva para a ruta e xestionada unicamente no propio vehículo”.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp