División nos comités de empresa de Ence: o persoal de oficinas critica a negativa a negociar

O Comité de Oficinas Centrais de Ence considera que foron arrastrados a unha situación provocada pola empresa, "ao non permitir negociar" o Plan de Competitividade que contempla despedimentos "por centros de traballo", e polo comité de Pontevedra, pola súa negativa a negociar a proposta da empresa.

Planta de Ence en Pontevedra

Fábrica de Ence en Pontevedra- ENCE – Archivo

O Comité de Oficinas Centrais de Ence expresa a súa “indignación” ante a situación á que foron “arrastados”, por unha banda, pola empresa “ao non permitir negociar” o Plan de Competitividade que contempla despedimentos “por centros de traballo”, e por outra, polo comité de empresa da planta de Pontevedra, pola súa “negativa” a sentarse a negociar a proposta da empresa.

Así o apuntou nun comunicado Ana Cedeira, representante dos traballadores das oficinas centrais, quen lembra que catro dos cinco centros afectados polo denominado Plan de Competitividade, que contempla os despedimentos, aceptaron inicialmente sentarse a negociar, agás o de Pontevedra, que “se negou rotundamente desde un inicio”. Só o centro de Navia, con uns 400 empregados e distinto CIF, atópase actualmente inmerso en negociacións coa dirección, mentres que os outros tres (oficinas de Galicia, Navia e Madrid, cun total de 259 traballadores) “foron arrastrados pola postura do comité de Pontevedra”.

Segundo o comunicado, estes catro centros recibiron xa a convocatoria oficial para o inicio do período de consultas do ERE o próximo 20 de novembro, quedando todos formalmente incluídos no proceso.

O comité de oficinas expresa a súa “preocupación” polo impacto que esta situación poida ter non só na plantilla, senón tamén nas empresas auxiliares, a cadea de subministración e o sector forestal galego, e que podería afectar indirectamente a “máis de 5.000 postos de traballo”, segundo os seus cálculos.

Pola súa banda, o comité da fábrica pontevedresa reprocha aos seus compañeiros de oficinas que se alineen coa dirección da empresa, asumindo os seus argumentos sobre a situación económica do sector da pasta e a celulosa en Europa. En un ton crítico, convidan a “encabezar a lista de despedimentos se están dispostos a asinala”.

Ence tiña proposto nos últimos meses un Plan de Competitividade que incluía medidas de investimento, automatización e reenxeñería, ademais de prexubilacións e baixas incentivadas, co obxectivo de reducir plantilla “de maneira consensuada e non traumática”. Con todo, a falta de acordo entre os comités e a dirección desembocou nun conflito laboral que mantén paralizada a produción e dividida á plantilla.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta