O ano das cotizadas galegas máis alá de Inditex: a Operación Chamartín dispara a San José e Pharma Mar resbala
Das grandes compañías con orixe na comunidade e presenza na bolsa, só a antiga Zeltia é a que remata o ano en negativo, a pesar das expectativas de crecemento dos analistas, mentres que Ecoener avanza máis dun 10% no exercicio.
Marta Ortega (Inditex), Jacinto Rey (San José) e José María Fernández de Sousa (Pharma Mar)
As cotizadas galegas do Ibex e o Mercado Continuo salvaron o seu ano en bolsa coa excepción de Pharma Mar, a única cuxa acción perdeu valor ao longo de 2025 e iso a pesar das expectativas á alza en canto a resultados dos analistas para coa biofarmacéutica de José María Fernández de Sousa. Da reducida nómina no parqué de compañías con orixe na comunidade, a que máis se revalorizou porcentualmente este exercicio é a construtora San José, impulsada en boa medida polos avances no proxecto Crea Madrid Nuevo Norte, a promotora responsable do maior desenvolvemento urbanístico da capital española, participada por BBVA, Merlin Properties e os de Jacinto Rey.
Máis alá de Pharma Mar e San José, cara e cruz das cotizadas galegas este ano en bolsa, Ecoener, a enerxética de Luis de Valdivia, viu como o prezo da acción estirouse máis dun 11% mentres que Adolfo Domínguez incrementou o valor dos seus títulos nun 3,8%.
Inditex
Mención á parte merece Inditex, a compañía con maior capitalización bursátil de todo o Ibex. Con un valor en bolsa que roza os 175.000 millóns de euros, non é posible establecer unha comparación entre ela e o resto de cotizadas galegas. Con todo, o seu 2025 no Ibex non foi sinxelo.
Os de Marta Ortega atravesaron un rally baixista a maior parte do ano, debido ás altas expectativas do mercado e os analistas e ao feito de que a compañía presentou en marzo uns resultados anuais nos que, a pesar de marcar récord de beneficios e vendas, ralentizaba o seu ritmo de crecemento. Os de Arteixo foron penalizados en bolsa e durante moitos meses cotizaron por debaixo do valor que presentaban a finais de 2024.
En realidade, o ano bursátil de Inditex deu a volta este decembro, debido aos crecementos anotados no terceiro trimestre e ás expectativas dos analistas. Nese período, o seu beneficio neto incrementouse un 9%, ata os 1.831 millóns de euros, o nivel máis alto alcanzado ata o momento para un terceiro trimestre. As vendas subiron un 4,9%, ata os 9.814 millóns, cun crecemento que chegou a un 8,4% a tipo de cambio constante.
Ademais, a firma anticipou o bo comportamento do inicio do seu último trimestre fiscal, normalmente no que se conseguen maiores ingresos debido a prendas de inverno de maior valor.
Dest