O comité de empresa de Resonac denuncia despedimentos e convoca un calendario de protestas
A compañía indica que tivo que adoptar “decisións operativas” para adaptarse ao “contexto complexo” que atravesa o negocio do grafito

César Castiñeira, en primer plano, durante la visita de Alfonso Rueda a las instalaciones de Resonac en A Coruña / Xunta
Problemas na planta coruñesa de Resonac Graphite. O comité de empresa denuncia que a compañía xaponesa realizou sete despedimentos o pasado 14 de xullo, polo que convoca un calendario de protestas.
En un comunicado, o comité mostra o seu desacordo “coa forma en que se produciron” estes despedimentos, xa que considera “especialmente doloroso que, nesta ocasión, non se contara coa parte social para explorar alternativas que puideran evitado estas saídas forzosas”.
Caída do negocio de electrodos de grafito
“Entendemos as dificultades polas que atravesa a organización. O negocio dos electrodos de grafito experimentou nos últimos anos unha forte presión por parte do mercado, marcada por unha caída continuada de prezos e por prácticas de dumping por parte de provedores chineses, que afectaron gravemente á competitividade do sector. Con todo, non compartimos nin o fondo nin as formas desta decisión”, explica.
Lembra a súa “disposición ao diálogo” a través de “varias propostas e medidas co fin de minimizar o impacto no emprego e protexer aos traballadores”. “Desafortunadamente, a resposta por parte da dirección foi negativa”, queixa. No entanto, reitera a vocación de diálogo futuro coa dirección.
Paros de xullo e agosto
Así mesmo, os representantes dos traballadores nesta planta —que conta con máis de 200 empregados— anuncian un calendario de protestas. Haberá paros na fábrica e concentracións na entrada que se iniciarán o 30 de xullo, mércores (de 12,00 a 13,00 horas). Estas mobilizacións continuarán os días 6, 13 e 20 de agosto.
Contexto complexo
Por parte de Resonac trasládase a Europa Press que o negocio de grafito “atravesa un contexto complexo marcado pola situación actual do mercado”, “nese marco víuse a necesidade de tomar decisións operativas para adaptarse a estas condicións“.
A compañía asegura que “mantivo, mantén e manterá” un diálogo “aberto e construtivo” con representantes dos traballadores con “responsabilidade e respecto” ás persoas.
Proxectos en carteira
Resonac comprou en 2023 xunto con Ignis os terreos da antiga fábrica de Alcoa en A Coruña debido aos seus proxectos de crecemento, que pasan por unha fábrica de grafito para baterías. De momento, se se cumplen as previsións, este ano está prevista a posta en marcha dunha fábrica piloto cunha inversión de uns 10 millóns de euros. Ese sería o paso previo á fábrica de produción, para a que se manexan unhascifras de inversión que poderían chegar aos 500 millóns se sae adiante.