Cal modelo de desenvolvemento queremos para Galicia?

A implantación de calquera proxecto enfróntase a un camiño cheo de obstáculos, moitos deles máis ideolóxicos que técnicos; parece que unha consigna preconcibida pesa máis que un proxecto que cumpre unha normativa esixente e que supón unha oportunidade de desenvolvemento para Galicia.

Proyección tridimensional de la planta del proyecto LuGaz, en el polígono de O CEAO (Lugo)

Proyección tridimensional de la planta del proyecto LuGaz, en el polígono de O CEAO (Lugo) / Grupo Lence

Galicia conta con recursos naturais estratéxicos, un ecosistema empresarial con visión de futuro, empresas comprometidas coa sostibilidade e, en moitos casos, financiamento público e privado xa adxudicado para levar adiante proxectos transformadores. Temos a materia prima, o coñecemento e a vontade. ¿Que nos falta entón?

Fáltanos un entorno propicio. Fáltannos mecanismos áxiles, seguridade xurídica e un compromiso político e social que estea á altura dos desafíos globais que enfrontamos. Tamén nos falta coherencia e responsabilidade.

Explícome: queremos ser sostibles, circulares, responsables co medio ambiente. Tamén queremos xerar emprego de calidade, fixar poboación no rural, asegurar o relevo xeracional e atraer talento. Pero a realidade é que, hoxe por hoxe, a implantación de calquera proxecto enfróntase a un camiño plagado de obstáculos, moitos deles máis ideolóxicos que técnicos. Parece que unha consigna preconcibida pesa máis que un proxecto que cumpre unha normativa esixente e que supón unha oportunidade de desenvolvemento para Galicia.

¿Que queremos para o noso rural?

O rural galego necesita dinamización, investimento e oportunidades reais. E necesita, sobre todo, decisións valentes. Porque non é coherente reclamar sostibilidade mentres se impide o desenvolvemento de proxectos que xustamente buscan avanzar nesa dirección. Non é viable falar de reindustrialización ou de transición ecolóxica se cada iniciativa innovadora que fai realidade un modelo de economía circular necesario no rural, como o proxecto LuGaz, convértese en obxecto de bloqueo ou parálise.

Estamos falando dun proxecto concibido por empresas galegas de referencia como Grupo Lence, Norvento, Agroamb e Medrar Smart Solutions, cunha investimento de máis de 9 millóns de euros, dos cales máis de 7 xa estaban financiados con fondos procedentes da UE.

Unha iniciativa viable, cun modelo baseado na producción de biogás a partir de residuos lácteos e gandeiros, promovendo a economía circular, reducindo emisións e xerando emprego no rural. LuGaz supón unha oportunidade real, financiada e aliñada cos obxectivos climáticos e económicos de Galicia e de Europa. Con todo, a frustración levou aos seus promotores a dar un paso atrás.

¿Como afrontaremos o risco de deslocalización da actividade produtiva se aquí non é viable asentar novas industrias?

O preocupante é que nin sequera aquelas respaldadas e promovidas por empresas que demostraron sobradamente o seu compromiso co territorio logra convencer a certos sectores que parecen ter adoptado unha postura sistemática de oposición. De novo, parece que un eslogan pesa máis que iniciativas deseñadas para responder aos novos modelos produtivos que esixe a lexislación europea e a loita contra o cambio climático

Desde o empresariado galego non pedimos vía libre sen control. Apostamos por unha industria responsable, rigorosa, avaliada e comprometida co entorno. Apostamos por un marco claro, estable e con visión de futuro. Apelamos ao apoio da cidadanía aos proxectos que permitan transformar os recursos e capacidades que xa temos en emprego, innovación, desenvolvemento territorial e benestar para toda a cidadanía.

Porque o verdadeiro risco non está en avanzar: o verdadeiro risco está en quedarnos atrás.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta