Zara prepara o final do seu 50 aniversario: pecha a súa “cúpula atlántica” con Patti Smith e 100.000 visitantes

A marca estrela de Inditex anuncia que despedirá co concerto o espazo expositivo que habilitou no Monte de San Pedro, na Coruña, o pasado xullo.

Zara amplía las actividades en la ciudad de su 50 aniversario con la restauración y apertura a partir del próximo 3 de julio de la Cúpula del Monte de San Pedro, en A Coruña, con una instalación cinética creada por la artista británica Es Devlin

Zara amplía las actividades en la ciudad de su 50 aniversario con la restauración y apertura a partir del próximo 3 de julio de la Cúpula del Monte de San Pedro, en A Coruña, con una instalación cinética creada por la artista británica Es Devlin. Foto: Inditex

Zara cumpriu o pasado 9 de maio 50 anos, efeméride que celebrou coa reinauguración da primeira tenda da compañía, situada na coruñesa rúa de Juan Flórez. Os festexos non quedaron aí xa que en xullo procedeu á restauración e reapertura dun espazo emblemático da cidade. A cúpula do Monte de San Pedro, tamén na cidade herculina, unha propiedade municipal que foi concesionada aos de Amancio Ortega, que procederon a darlle unha volta de parafuso ao edificio para acoller unha “instalación cinética” chamada 50 Songs of the Sea. Tras tres meses en funcionamento, o espazo péchase esta semana co concerto da artista Patti Smith e despois de que, polo mesmo, pasaran uns 100.000 visitantes.

A cúpula do Monte de San Pedro foi rehabilitada por Inditex para acoller a obra cinética creada pola artista e deseñadora británica Es Devlin. Durante todo este tempo, as persoas que se inscribisen na páxina de Zara podían visitar de forma gratuíta o escenario, unha “instalación cinética” onde se proxecta unha peza audiovisual inmersiva de uns 10 minutos de duración.

Concertos e visitantes

“Situada dentro do Observatorio da Cúpula Atlántica —unha estrutura de 28 metros de diámetro que domina a cidade e o monte de San Pedro—, a peza invita aos visitantes a embarcarse nunha viaxe sobre as ondas do Atlántico mediante tres círculos concéntricos xiratorios que permiten a 288 persoas rotar e envolverse nunha proxección visual acompañada dunha paisaxe sonora deseñada especialmente para este entorno. A narrativa sonora está posta en voz pola actriz española Elena Anaya, que engade unha dimensión poética á experiencia”, explican desde Zara.

Pero, ademais da exposición inmersiva, ao longo destes meses, a instalación tamén acolleu unha programación cultural diversa, cos concertos de Myles Davis, Luz Casal, Air e The Blaze. “Agora, como colofón, a Cúpula Atlántica acollerá a actuación de Patti Smith, un icono da música rock e unha figura de culto”, indican desde Zara.

A instalación temporal 50 Songs of the Sea pechará as súas portas definitivamente o próximo 12 de outubro, tras ter recibido máis de 100.000 visitantes.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta