Actualizado
Cando os principios se callan, os muros falan.
Liderar sen disfraz en tempos de cinismo: unha reflexión sobre dignidade, exemplo e brúxula ética

Non o esquecerei xamais. Aquel día, un mozo brillante foi apartado por atreverse a cuestionar unha decisión claramente inxusta. —Aquí valórase a lealdade, non as preguntas. Ti non estás para pensar, senón para facer o que se che manda —dixéronlle.
Dende entón, hai unha pregunta que me ronda: ¿en que momento volveuse máis rendible obedecer que pensar?
Vivimos tempos complexos. Non o digo con nostalxia nin con dramatismo, senón con mirada serena. Traballei no público, dirixín no privado, emprendín no incerto… e aprendín, sobre todo, a observar.
Observo unha sociedade acelerada, saturada de mensaxes, carente de referentes estables. Unha política onde se fala cada vez máis alto, pero se escoita menos. Institucións que perden lexitimidade non tanto polas súas ideas coma pola ausencia de exemplo. E se un se detén, ve como esa erosión cala tamén na vida cotiá: desconfianza, mentira, cinismo, indiferencia.
A ética institucional: cando o respecto non se impón
Durante anos traballei en institucións públicas, rodeado de normas, decisións e contradiccións. Tamén fun directivo no sector privado e, máis tarde, emprendedor. En cada etapa vivín acertos e erros, pero sobre todo descubrín unha verdade incómoda: a autoridade real non nace do uniforme, senón do respecto que inspiras sen impolo.
Apréndino nunha década de servizo en prisións. Alí comprendín que a lideranza non se exerce desde o poder, senón desde a dignidade. Tócame ver como se deteriora unha organización cando se premia máis a fidelidade cega que a competencia crítica. Como o medo silencia ideas, e o cálculo baleira conviccións. E como unha pequena fenda de coherencia pode soster todo un sistema.
Política, empresa e sociedade: a erosión silenciosa
Hoxe observo con tristeza, e tamén con determinación, como esta deriva se estende. Na política, onde a escenificación substituíu ao pensamento, e a lealdade ao partido desprazou ao compromiso coas persoas. Nas empresas, onde se confunde éxito con agresividade. Na sociedade, onde a coherencia parece ingenuidade.
Cando os principios se callan, os muros comezan a falar. E non me refiro só ás prisións, senón aos muros invisibles que levantamos cando deixamos de cuestionar.
Non é casual que medre a desconfianza. Cando o discurso cambia co vento, cando as decisións xustifícanse segundo conveña, cando as lealdades se compran, o que hai non é política: é mercadotecnia. E sen principios compartidos, sen límites éticos —aínda que sexan incómodos—, todo vale: a mentira, a humillación, o uso partidista do común.
Pero a política non é máis que o espello da sociedade que a tolera. O que normalizamos nas institucións, acabámolo aceptando na empresa, na familia, na rúa.
Principios sen púlpito: unha brúxula para non perderse
Ás veces pregúntanme se todo isto vai de ética. E sí, pero non dunha ética de escaparate. A verdadeira ética non é unha armadura nin un pedestal. É unha brúxula silenciosa. Non impide tropezar, pero axuda a non perderse do todo.
Non se trata de resistir, senón de manterse fiel a iso que un é. Mesmo en entornos onde o fácil é renderse, adaptarse ou calar.
No meu caso, esa brúxula foi posta a proba moitas veces. E non sempre acertei. Pero intentei sost…