As peticións da Xunta a Margarita Robles polos incendios: a UME, infantería e 60 vehículos

Diego Calvo traslada á ministra de Defensa a necesidade de dispor de maquinaria especializada para minimizar riscos de escorrentías e arrastres.

Margarita Robles, ministra de Defensa, y Alfonso Rueda, presidente de la Xunta / Xunta

Margarita Robles, ministra de Defensa, y Alfonso Rueda, presidente de la Xunta / Xunta

A Xunta púxolle deberes a Margarita Robles polos incendios. O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, enviou unha carta á ministra de Defensa na que concreta os medios que o Executivo autonómico considera que aínda son necesarios para facer fronte ás consecuencias do lume. A misiva incide na necesidade de manter medios humanos e maquinaria pesada, e trascende unha vez que a propia Robles confirmou nunha visita a Galicia que tanto a UME como o Exército de Terra se manterían despregados na comunidade o tempo que fora necesario.

Aínda así, Diego Calvo enviou un escrito, con data do pasado luns, recalcando a necesidade de minimizar os riscos de que se produzan escorrentías e arrastres no territorio calcinado. Explica o conselleiro que efectivos da Xunta e persoal do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) percorren as zonas máis danadas “co fin de avaliar riscos de erosión”.

UME, Brilat e Bripac

Tamén destaca a colaboración do Exército, ao tempo que incide en “a importancia de manter o seu despregamento en Galicia”, e engade que o apoio de unidades da UME é decisivo “ante as reproducións” que se dan “mentres non cambien as condicións meteorolóxicas”.

Neste contexto, pide a Robles que tamén se manteñan no territorio Unidades de Infantería (Brilat e Bripac) e medios pesados militares. Estes, segundo o representante autonómico, permiten o repaso de perímetros, reforzos de liñas de control e reparación de pistas e cortes de bulldozers danados durante as labores de extinción.

Maquinaria especializada

O conselleiro subliña que Galicia tamén necesita dispor de maquinaria especializada para minimizar riscos de escorrentías e arrastres. Concretamente, solicítanse ao Goberno central, “como mínimo”, 30 palas mixtas “e outras tantas motoniveladoras co seu persoal”. Calvo engade na carta que desde a Xunta tamén se están buscando medios adicionais para acometer as tarefas pendentes.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta