Lorenzana presume en Huelva do potencial mineiro de Galicia: “Somos a segunda comunidade que máis emprego directo xera”

A conselleira de Economía destaca a necesidade de conseguir unha menor complexidade na tramitación administrativa e considera que "non é de recibo" que tramitar un proxecto "leve case 30 meses".

María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía e Industria, en su visita a la mina de Riotinto en Huelva.

María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía e Industria, en su visita a la mina de Riotinto en Huelva. Xunta

María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía e Industria, defendeu a aposta do Executivo galego por impulsar a industria mineira e facer da comunidade un referente en materias primas críticas, algo que a levou a representar do 8,2% do valor de produción en España ao 9,5% e a converterse na segunda comunidade autónoma que máis emprego directo xera, con 3.711 traballadores, un 10% máis que en 2021.

Así o destacou na súa intervención nunha mesa redonda no I Foro de Minerais Críticos celebrado en Palos da Fronteira (Huelva) onde destacou o potencial mineiro de Galicia.

“Temos materias primas máis clásicas, somos unha potencia en pedra natural, tamén en augas termais; a primeira comunidade autónoma con máis balnearios activos, 19, pero tamén temos materias primas críticas como o litio ou o wolframio e, polo tanto, temos que traballar nesa vía a través dos concursos mineiros”, afirmou.

A conselleira fixo referencia á Lei de recursos naturais que pretende, segundo apuntou, “que en Galicia sexamos quen de repercutir os beneficios dos nosos propios recursos” e que afecta á minería de forma directa. “Todo proxecto enerxético, ben sexa hidráulico, eólico, mineiro, que se desenvolva con esta lei, debe repercutir o 50 % da enerxía producida a prezos competitivos á industria galega”.

Sobre o papel da Administración, a titular de Economía defendeu a necesidade de conseguir unha menor complexidade na tramitación administrativa. “Hoxe en día é moi difícil que un proxecto mineiro coas complexidades e as implicacións que ten saia adiante se non hai implicación, por suposto, das empresas pero, tamén, da Administración”.

A este respecto sinalou que a figura dos proxectos industriais estratéxicos recolle un prazo de 12 meses para a súa aprobación. A pesar diso, recoñeceu as dificultades para darlle axilidade á tramitación pola normativa europea. “Moitas veces non somos quen de acelerar os proxectos porque a lexislación europea é demasiado complexa e podería simplificarse sen menoscabo da parte ambiental social, etc.”, observou. “Non é de recibo que nos esteamos congratulando de que tramitar un proxecto leve case 30 meses”.

Visita á mina de Riotinto (Huelva)

A conselleira visitou este martes a mina de Riotinto. Trátase dunha das principais explotacións produtoras de cobre a nivel nacional, con máis de 12.000 toneladas producidas no último trimestre deste ano.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta