O PSdeG acusa a Rueda de plegarse a Feijóo coa financiación autonómica

A vicevoceira parlamentaria dos socialistas galegos, Lara Méndez, considera que o presidente da Xunta está "mudo" e "secuestrado polas directrices que lle marca o seu partido"

La viceportavoz segunda del Grupo Socialista, Lara Méndez

La viceportavoz segunda del Grupo Socialista, Lara Méndez – PSDEG

O PSdeG eleva o ton contra Alfonso Rueda pola súa postura respecto á financiación autonómica. A vicevoceira parlamentaria dos socialistas galegos, Lara Méndez, acusou ao presidente da Xunta de estar “mudo” e “secuestrado polas directrices que marca o seu partido” en materia de financiación, polo que esixe que compareza na Cámara galega para que aclare cal é o seu modelo.

A través dunha comparecencia en rolda de prensa, Méndez reclamou a Rueda que aproveite o pleno para aprobar o teito de gasto dos orzamentos galegos, previsto para comezos de agosto, para comparecer a petición propia. “Basta de dicir non a todo sen dar unha alternativa”, espeta a un presidente “sen rumbo”.

“Unha vez máis está poñendo ao seu partido por riba da súa obriga como presidente da Xunta“, recrimina a deputada socialista ao titular do Executivo autonómico, pois lamenta que os galegos son “rehéns da falta de autonomía” de Rueda. “Non sabemos que quere facer. Non ten proposta, non ten folla de ruta. Só escoitamos ‘quero máis’, pero logo non executan o que xa teñen”, afea.

Neste sentido, Lara Méndez puxo como exemplo que a Xunta rexeitou 22 millóns do Estado para escolas infantís e Rueda “dixo non” a 380 millóns en vivenda, ao tempo que a execución de fondos europeos está no “50%”. Ademais, lamenta que os populares están en contra dunha quita de máis de 4.000 millóns para Galicia.

A voltas coa financiación singular para Cataluña

En paralelo, Lara Méndez defendeu que exista unha financiación “singular” para Cataluña, pero tamén baseada en “un principio de solidaridade”. Lembra que a pasada semana estivo en Galicia o president da Generalitat, Salvador Illa, e era “o primeiro que falaba desa solidariedade entre todas as comunidades”.

Así mesmo, defende un modelo que “teña en conta a singularidade” da comunidade galega. Aboga por unha financiación suficiente “axustada ás necesidades de Galicia”, que teña en conta a dispersión, envellecemento e perda de poboación, cunha mellora de servizos públicos. Para iso, aposta tanto por “bilateralidade” como por “multilateralidade” en reunións.

Tamén censurou que o BNG ten un modelo de concerto que asegura “non compartir” porque “non é bo”. “Entendemos que non é solidario”, recrimina.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta