Besteiro reitera en Bruxelas o rexeitamento á planta de Altri: “Non é un proxecto maduro nin viable para Galicia”

O secretario xeral do PSdeG lembra que o proxecto quedou fóra dos fondos europeos de innovación, apoios que si recibiron outros proxectos galegos como as plantas de metanol verde de Mugardos e Begonte.

El eurodiputado del PSdeG, Nicolás González Casares, y el líder de los socialistas gallegos, José Ramón Gómez Besteiro, en Bruselas

El eurodiputado del PSdeG, Nicolás González Casares, y el líder de los socialistas gallegos, José Ramón Gómez Besteiro, en Bruselas. – PSDEG

José Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral dos socialistas galegos, reiterou en Bruxelas a súa oposición á planta que a papeleira portuguesa Altri propón no concello lucense de Palas de Rei e sinalou que se trata dun proxecto que non considera “maduro” nin tampouco “viábel nin recomendable” para Galicia.

Así o asegurou ante os medios despois de reunirse co Gabinete do Vicepresidente Executivo para a Estratexia Industrial da Comisión Europea, un encontro no que, tal e como detallou, abordaron as liñas de traballo do futuro Marco Financeiro Plurianual 2028-2034, así como as oportunidades de financiamento para proxectos industriais galegos.

O líder do PSdeG aproveitou para lembrar “os nones” que recibiu o proxecto da papeleira lusa ata o momento, concretamente do PERTE de descarbonización, da conexión eléctrica na nova planificación da rede para os próximos anos e, agora, dos fondos europeos de innovación.

De feito, o proxecto quedou fóra dos fondos europeos de innovación (‘Innovation Fund’), uns apoios que si reciben diferentes proxectos galegos como as plantas de metanol verde de Mugardos e Begonte.

Por outro lado, Besteiro referiuse a aqueles proxectos que si poderían recibir apoio comunitario, especialmente aqueles ligados á transición verde, a descarbonización, a tecnoloxía aberta e a industria de defensa e seguridade.

Refuerzo ás enerxías renovables

Así mesmo, tal e como desgranou aos medios o líder socialista, durante o encontro insistiu na importancia de “reforzar aínda máis esas liñas que poden levar ao mundo das enerxías renovables, do hidróxeno, e da aposta por ese corredor verde onde Galicia ten que ter un protagonismo realmente moi forte”.

Nesta liña, Besteiro, acompañado polo eurodeputado do PSdeG, Nicolás González Casares, fixo fincapé na necesidade de protexer sectores como o aceiro, o cemento e o aluminio dentro do novo marco financeiro para que tamén gocen de difusión e protección.

“É importante que o aceiro, o cemento ou o aluminio, insisto, pois teñan unha protección para ese marco 2028-2034 que, efectivamente, vai contribuír a manter esa viabilidade das empresas galegas”, aseverou á saída da Comisión Europea.

Por último, reafirmou a aposta pola enerxía eólica, tanto terrestre como mariña, dentro do horizonte 2028-2034, unha aposta que enmarcou no horizonte dese Marco. Neste sentido, Besteiro continuará este mércores a súa axenda en Bruxelas cunha reunión co Gabinete da Comisaria de Medio Ambiente, así como coa presidenta da Comisión Especial sobre a Crise da Vivenda na Unión Europea (HOUS), Irene Tinagli.

Finalmente, o xoves reunirase co Comisario de Pesca e Océanos, Costas Kadis, e coa Vicepresidenta Executiva para a Transición Limpa, Xusta e Competitiva, Teresa Ribera, dous encontros cos que pechará a súa viaxe institucional a Bruxelas.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta