O PSdeG advirte á Xunta: o fallo da UE non “desbloquea” os parques eólicos parados por motivo ambiental.
Os socialistas galegos aseguran que grande parte dos proxectos eólicos están parados nos xulgados por unha "normativa obsoleta" da administración galega que non se adaptou ás ampliacións da Rede Natura.

Varias vacas pastan frente a aerogeneradores en el Parque eólico de Montouto, de la Serra do Xistral, en la comarca de Terra Cha / Carlos Castro
A portavoz socialista de Enerxía do Parlamento galego, Patricia Iglesias, celebrou a decisión do Tribunal de Xustiza da Unión Europea que avala que non sexa necesario someter a acceso público os informes sectoriais en proxectos eólicos, un pronunciamento que apoia o proceder da Xunta e que desbloquea aqueles parques que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia mantivera paralizados por este motivo. Con todo, advirte de que este caso non é extensíbel ao de moitos outros proxectos eólicos parados de forma cautelar.
A sentenza “non desbloquea os parques paralizados por razóns ambientais”, da que responsabiliza á Xunta, que “leva 16 anos tramitando con un plan de 1997”.
“Desmantela a propaganda do PP”
A xuizo do PSdeG, a decisión do TJUE deste venres “avala a defensa do Goberno de España” respecto do sector eólico, ao tempo que “desmantela a propaganda do PP“. De feito, cre que “é un claro respaldo ao bo facer do Executivo progresista, que defendeu este caso e que conseguiu unha resolución que achega seguridade xurídica ao sector”.
Así, a Xunta “debería recoñecer este éxito institucional, porque incluso a entón ministra Teresa Ribera ofrecíu colaboración e apoio ao Goberno galego nesta materia desde o minuto un, ao estarse tratando unha lei estatal”, explica a parlamentaria socialista.
Normativa “obsoleta” da Xunta
No obstante, Patricia Iglesias deixa claro que non se desbloquean os suspendidos polo TSXG por motivos ambientais, dado que responsabiliza á Xunta de seguir unha normativa “obsoleta” que non se adaptou ás directivas comunitarias de hábitats nin á ampliación da Rede Natura. Reprocha que tampouco se modificou para acomodala á zonificación que se desenvolveu desde o Estado, como si fixeron outros territorios, insiste, “comunidades que agora son líderes en renovables, como Aragón, Castilla y León ou Valencia”.
Neste sentido, a deputada alerta de que o Goberno de Rueda “segue autorizando parques en zonas ambientalmente non aptas”. Polo tanto, recrimina que a Xunta do PP leva anos “dando bandazos sen facer os deberes e afundindo ao sector nunha inseguridade xurídica sen precedentes”.